COPA DE GALICIA. SPORT SALA CULLEREDO FS-O ESTEO FS (2-5)

O equipo pontés de fútbol sala accede á penúltima rolda

177

O Esteo pontés de Fútbol sala logrou este sábado a clasificación para as semifinais da Copa de Galicia tras vencer en Culleredo.

A pesar de ser un rival de Terceira División, non era nada doado pois o equipo coruñés ocupa a quinta posición, sendo ademais con diferencia o máximo goleador da categoría.

Como xa se sabía, o encontro foi moi duro e pese ao tanto inicial de Martín, empataba Socastro, que xogara en División de Honra e fora cuarto no Mundial Universitario 2004 con España. Antes o descanso Ayala voltaba a poñer terra de por medio pero iniciado o segundo empataba Michel.

Pero nos últimos minutos, dous tantos de Pana e un de Héctor deron a clasificación ó equipo de Javi Saa, que ten a posibilidade de encontrarse na penúltima rolda cun dos tres mellores conxuntos galegos.

De vencer estes equipos as súas respectivas eliminatorias, claro está, o cadro pontés podería cruzarse co Santiago ou O Parrulo, de Primeira, ou o Burela, en Fase de Ascenso na Segunda.

FICHA DO PARTIDO

SPORT SALA CULLEREDO FS: Castro, Vitu, Socastro, Óscar, Nandi –cinco inicial- Bichi, Alex, Manitas, Michel.

O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Gago – cinco inicial – Rober Paz, Ayala, Dani, Jesús.

ÁRBITROS: Dans Rey, García Vázquez (A Coruña). Amarela a Rober.

GOLES: Min. 1 (0-1), Martín. Min. 5 (1-1), Socastro. Min.15 (1-2), Ayala. Min. 31 (2-2), Michel. Min. 32 (2-3), Pana. Min.36 (2-4), Héctor. Min. 40 (2-5), Pana.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Tarrío. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios