RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 12-13 XANEIRO

Estreo do 2018 para os equipos de base con vitorias de Femino, Xuvenil, Alevín A, e ambos Benxamíns.

268

FEMININO
CD AS PONTES-CD CARIÑO (5-2)

Gran vitoria do equipo feminino ante o Cariño, que era o terceiro clasificado, por 5-2. Tras chegar ó descanso con empate a 1-1, as de Julio Montero foron moi superiores no segundo tempo, xa que incluso Paula Baamonde tivo un man a man coa porteira e outra ocasión na que o seu forte disparo desviouno a córner in extremis co corpo a gardamallas visitante.

Alcanzan ó Cariño na terceira praza, ambos con 31 puntos. No inicio da segunda volta reciben ó Maniños, que leva pleno de 15 vitorias. Xogaron Leti, Yoli (1), Tania, Indira, Noelia (1), Xeila, Paula Castro (1), Carlota, Paula Baamonde (1), Yara e Uxía.

XUVENIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (6-0)

O Xuvenil pontés venceu 6-0 ó gran equipo do Portuarios, ó que xa gañara nos dous encontros das semifinais de Copa de Ferrol, pero hoxe non houbo cor e os de Felipe Mieres xa sentenciaron ao descanso ao que se chegou 4-0 cos tres tantos de Cazás e un de Josiño.

No segundo tempo, con todo feito, anotou o quinto Óscar, que se desfixo de varios defensas e acabaou marcando de forte disparo raso dende fóra da área, e o sexto Carlos, nas postrimerías, quen tras quedar só bateu no man a man ó porteiro visitante.

Lidera o intratable Eume con 21 puntos, por 18 do Narón A, 15 de As Pontes e 13 de Portuarios, ambos cun encontro menos. Na vindeira xornada visitan ó oitavo, Maniños.

Xogaron Meidán, Carlos, David, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Cazás, Xose, Andrés e despois Fraga, Dani, Cristian, Alex Barro e Jose.

CADETE
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES (3-0)

O Cadete pontés perdeu 3-0 co Ánimas. Sextos con nove puntos, na vindeira xornada reciben ó Cariño, que pese a marchar décimo, todo hai que dicilo, foi o único conxunto capaz de gañar ó Amistade de Meirás.

Xogaron Francisco, Xavi, Adrián, Alejandro, Antonio, Eyob, Santi, Nono, Vicente, Xan e Jandro, saíndo despois Xoel e Dani.

INFANTIL
SD O VAL-CD AS PONTES (2-2)

O Infantil empatou 2-2 na súa visita ó Val, pese a ir gañando 0-2 e incluso empatando os valexos no tempo de desconto.

Cuartos con 14 puntos na vindeira xornada reciben ó líder con pleno de triunfos Racing de Ferrol B.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Anxo, Íker, Samuel, Xose, Ángel (1), Mario Fraga, Diego, Hugo Blanco (1), Luis, Iago, Hugo Bouza, Alejandro, David e Sergio.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO B (5-2)
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (3-2)

O Alevín A gañou 5-2 ó Eume Deportivo B, e adícoulle a vitoria a Xandre Fernández, que esta semana foi operado dun pé (foto cortesía Xose Blanco). Son cuartos con 7 puntos antes de visitar ó líder con pleno de triunfos Narón O Freixo. Dous goles de Israel varela e un de Anxo Blanco, Alexo Platas e Sergio Vázquez.

O Alevín B pola súa banda perdeu 3-2 ante o Narón B, tantos de Xalo García e Andrea Cruz, e cun punto recibe ó Rápido de Neda, oitavo.

BENXAMÍN
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES A (0-3)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA D (4-1)

O Benxamín A gañou 0-3 ó Ánimas e cuarto con seis puntos, recibe ó terceiro Rápido de Neda B. Dous goles de Xoel Vigo e un de Xavi Regueiro.

O Benxamín B pola súa banda gañou 4-1 ó Caranza D, tantos de Naúl Súarez (2), Alex Basanta e Nacho Villasuso, i é terceiro con 6 puntos antes de visitar ó Libunca, sexto.

PREBENXAMÍN
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (5-4)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL D (4-8)

O Prebenxamín A perdeu 5-4 nun disputado encontro ante todo un Racing de Ferrol. Sextos con tres puntos na vindeira xornada reciben ó colista San Pedro. Dous goles de Xoel Galego e Íker Díaz.

O Prebenxamín B perdeu 4-8 co Ferrol B, tantos de Xoel Timiraos (2), Xalo Franco e Izan Carro. Na vindeira xornada visitan ó Val, sexto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios