SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. SANTIAGO RC 7 – CR FENDETESTAS 27

O equipo pontés de rugbi é líder con 39 puntos

131

Golpe de autoridade do Fendetestas pontés, que venceu este sábado 7-27 ó Santiago, e sentenciou a un posible rival na loita pola primeira praza, xa que hai pouco lle vencera no partido aprazado 47-0.

O partido xa marchou 7-22 ó descanso cos ensaios de Joel, Antonio e Rafael, máis un golpe de castigo e dúas transformacións de Rober, e no segundo tempo Joel conseguiu o cuarto que outorgaba ademais o bonus ofensivo.

Á espera do que aconteza este domingo entre Zalaeta e Muralla, os verdes lideran a táboa con 39 puntos, seguidos do equipo de Arteixo con 35, Mareantes B con 30, Santiago con 28 e Muralla con 23.

Xa moi lonxe Vigo B con 14, Barbanza 13, e Ourense B 7. Na vindeira xornada o Fendetestas recibe ó Zalaeta nun encontro que pode decidir o campión.
Xogaron Gallardo, Antón (Andrés 53´), Joel, Toño, Rober, Antonio, Miguel, Álvaro, Iván, Óscar, Rafael, Luis (Javier 60´), Víctor, Asier (Roberto 64´), Jesús.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios