PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 19-20-21 XANEIRO

Complicada visita do As Pontes en Carballo

182

O As Pontes visita este domingo, 17:00, en encontro arbitrado por Alejandro Vázquez Méndez (Lugo), ó Sofán, parroquia de Carballo, que comparte campo de fútbol, As Eiroas, co Bergantiños.

Despois das dúa vitorias consecutivas ante Arzúa e Dumbría neste 2018, o conxunto pontés ascendeu á terceira praza con 37 puntos, situándose á catro do Polvorín e sete do Paiosaco, que están en postos de ascenso, e con varios equipos apretando por detrás.

Magoa que no mellor momento local, tralas baixas de tres xogadores, o conxunto de Marco Roca apenas ten un plantel como para poder completar unha convocatoria, polo que se agardan nestas semanas que restan de mes a necesaria incorporación alomenos dalgún dianteiro de referencia, e quizais tamén dalgún xogador que combine o medio centro coa defensa.

Deben seguir sumando para loitar polas primeiras prazas e este domingo toca un complicado rival, que comezou a Liga de gran maneira con cinco vitorias en oito encontros, incluido un 0-2 ó Arteixo.
Unha vez encarrilada a súa salvación, que era o obxectivo inicial, encadearon unha racha de só tres empates e cinco derrotas, catro delas consecutivas, para voltar a recuperarse recentemente con tres triunfos nas catro últimas xornadas que os sacou dos postos apurados.

Novenos con 28 puntos, os máximos goleadores son Juan (6), Jacobo e Luis (4). Equipo no que destacan o porteiro Javi Rumbo, o gran carrileiro ex do As Pontes, Pablo Domínguez, e o arxentino Matías Navarrete, que fixera a pretemporada co equipo azul no 2016.

PREFERENTE
SD SOFÁN-CD AS PONTES (DOMINGO 21, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS (SÁBADO 20, 16:45)

XUVENIL
CULTURAL MANIÑOS-CD AS PONTES (DOMINGO 21, 11:30)

CADETE
CD AS PONTES-CD CARIÑO (SÁBADO 20, 16:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-RACING DE FERROL B (SÁBADO 20, 11:00)

ALEVÍN
SCDR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES A (SÁBADO 20, 10:30)
CD AS PONTES B-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 20, 10:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA B (SÁBADO 20, 11:40)
SD LIBUNCA-CD AS PONTES B (SÁBADO 20,10:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-RACING SAN PEDRO (SÁBADO 20, 12:50)
SD O VAL-CD AS PONTES B (VENRES 19, 18:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios