SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO

Partido trascendental entre Fendetestas e Arteixo de cara á loita pola Liga.

166

Trascendental partido de cara ó título de Liga o que se disputa este sábado no Campo Monte Medulio. Enfrontanse o Zalaeta e o Fendetestas, que lideran a táboa con 40 e 39 puntos respectivamente.

Os de Arteixo están en estado de gracia, dado que o pasado domingo venceron 87-12 ó Muralla, que o ano pasado xogou na Primeira Galega. O Zalaeta apenas perdeu dous encontros no que vai de Liga, 48-32 ante o Santiago, e 41-10 ante o Mareantes B.

Tamén sacou adiante un complicado 21-22 ante o Muralla lucense. No encontro ante o Fendetestas lograron un suficiente 29-14 ante os ponteses na única derrota dos verdes na campaña.

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (11ª xornada)
CR FENDETESTAS – CD ZALAETA ANYMAR ARTEIXO
Sábado 20 – Xaneiro – 2018 (16:15 h)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios