Liga Local de Futbol Sala

O pasado Domingo día 21 de Xaneiro disputouse a xornada número 10 na Liga Local de Futbol Sala, penúltima desta primeira volta dunha liga onde os catro primeiros clasificados non ceden destacandose do resto de equipos e mantendo as distancias entre eles unha xornada mais.

126

A xornada arrincaria ás cinco da tarde en vez de facelo ás catro como sempre xa que por segunda vez esta tempada o Husse-Barbarroja non se presentou para disputar o encontro, polo que o seu rival neste partido, o UB2 Group-Pub Plaza fixose con tres puntos sen vestirse de curto o que fixo que o Husse-Barbarroja perda a oitava praza na táboa clasificatoria praza que ocupa agora o UB2 Group-Pub Plaza gracias ás últimas dúas vitorias consecutivas.

A continuación Ribadeume Futsal e Colormix vironse as caras nun encontro ao que ambos conxuntos chegaban en condicións moi distintas xa que o Ribadeume viña de golear ao colista mentras que o Colormix viña peder tres puntos de forma inesperada a pasada xornada. Esperabase un partido mais igualado do que en realidade foi, cun Colormix defendo ben os ataques do rival e acertado de cara á porta para acabar gañando por 0 goles a 4 e quitando así o mal sabor de boca da xornada anterios.

Á seis da tarde o líder, O Novostylo Peluqueros, enfrontouse a O Esteo F.S. “B” nun encontro no que o líder partía como favorito para levarse a vitoria final e conseguiuna con algún que outro apuro xa que un tímida reacción de O Esteo cando marcador reflexeba un claro 4-1 a prol do Novostylo O Esteo F.S. “B” era capaz de meter dous goles poñendo un inquietante 4-3 pero ai se quedou a remontada xa que nos minutos finais a falta de experiencia provocou que o Novostylo marcara dous mais deixando o marcador en 6-3.

Ás sete da tarde, confirmouse o que se espera, A Cova dos Trasnos goleou ao colista Matojoma NG UB2 F.S. por 12 goles a 3 nun encontro do que non ai nada que comentar porque o resultado xa o di todo.

Cerraría a xornada as oito do seran o encontro entre o Pub Mania-Las Torres e Os Tritós-Desguaces Vilabella que segue sumando puntos desta gañando por 6 goles a 1 e que o converte definitivamente no equipo revelación da presente tempada situado na cuarta praza da clasificación a catro puntos do terceiro o Colormix.

En canto a loita por ser o máximo goleador, Tomás de A Cova dos Trasnos suma 22 goles despois de meterlle oitos ao colista tomando así unha ventaxa prácticamente insalvable de dez goles có mais inmediato perseguidor Juanjo de Os Tritós-Desguaces Vilabella con 12 e a terceira posición nesta particular clasificación compartena Daniel do Novostylo Peluqueros e Alberto do Colormix con 10 cada un.

A continuación deixamosvos cós resultados da xornada número 10, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador da liga.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios