Obradoiro de elaboración artesanal de xabóns e de chapús de propoleo na Casa Do Mel (Goente)

O pasado sábado déronse cita por primeira vez un gran número de apicultores e consumidores onde a principal protagonista foi a cera, un dos produtos máis importantes que segregan as nosas abellas.

63

Durante a mañá, organizouse un curso de elaboración artesanal de xabóns sólidos con pole e cera da colmea, ademais doutros ingredientes. Arredor de 25 persoas participaron nesta actividade, na que puideron levar unha mostra dun xabón. Deu comezo ás 9,30 horas, onde tamén se fixo unha homenaxe á apicultora máis lonxeva da Asociación Casa do Mel, veciña de As Pontes (Mª Vicenta Ferreiro), como recoñecemento ao bo trato e manexo das abellas. Tamén estaba presente o apicultor máis xoven que pasou polos cursos nestes últimos anos, un pequeno de Viveiro de 7 anos de idade.

Ás 12 horas, Plácido López, socio da Casa do Mel, presentou a colmea que ten preparada para facer tratamentos e eliminar a varroa nas abellas mediante incremento de temperatura.

A continuación, comezouse coa recollida de cera fundida por parte daqueles socios apicultores que prefiren intercambiala por cera en láminas, lista para colocar nas súas colmeas.

Ao longo de toda a xornada, tamén estiveron os irmáns José Antonio e Noelia González Rodríguez (Estaca de Bares) convertindo a cera de opérculos (cera virxe procedente da colmea) en láminas. A Asociación ten ao servizo dos socios unha caldeira para reciclar e fundir a cera, máis unha laminadora refrixerada que pretende ampliar en breve con unha esterilizadora e estampadora. Un gran avance para a apicultura da zona.

A primeira hora da tarde, seguindo coa xornada adicada a cosméticos, cerca de ducia e media de persoas aprenderon a facer champú de propóleos, onde cada asistente foi partícipe da elaboración da receita presentada e levou unha mostra do produto elaborado.

A Casa do Mel agradece a todos os asistentes a súa participación en xornadas como esta que axudan a promover a apicultura na comarca.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios