PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 XANEIRO

O As Pontes recibe ó San Tirso de Abegondo

179

O As Pontes recibe este domingo, 16:30, en encontro arbitrado por Jesús Piñeiro Lugo (Santiago), ó San Tirso de Abegondo.

Na pasada xornada os máis beneficiados foron Paiosaco e Ribadeo, cos empates de As Pontes, Arzúa, Arteixo e Castro e a derrota do Polvorín, e segue comprimida a loita polas dúas prazas de ascenso.

Moitas papeletas ten o Paiosaco con 47 puntos, e semella que sete equipos loitarán pola outra con Polvorín (41), As Pontes, Arzúa e Ribadeo (38), Arteixo (35), Castro (34) e Dubra (32).

Prevese unha dura loita na que os equipos necesitarán moito fondo de armario, e cercanos ó mes de Febreiro, e tras tres baixas, agárdase algunha necesaria incorporación no equipo pontés.

O San Tirso comezou a Liga nos postos baixos, con apenas dous triunfos en once xornadas, desgrazadamente un contundente 3-0 ó As Pontes, e 3-2 ó colista Outeiro de rei,

Pero tivo un meritorio remate de primeira volta, con tres vitorias a domicilio ante Betanxzos, Viveiro e Residencia, un triunfo ante Ribadeo, e un empate co Polvorín.

Así que non será un partido nada doado no que os ponteses necesitan sumar os tres puntos para continuar pelexando e así poder resarcirse do resultado da ida.

Fran suma oito goles, e catro o ex pontes Álvaro Rey e o vilalbés Juan Carlos.

No resto de equipos, non xogarán os alevíns pola disputa do torneo galego de Seleccións Comarcais.

PREFERENTE
CD AS PONTES-SAN TIRSO SD (DOMINGO 28, 16:30)

FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (DOMINGO 28, 10:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (SÁBADO 27, 16:00)

CADETE
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (VENRES 26, 17:45)

INFANTIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (SÁBADO 27, 12:15)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (VENRES 26, 17:00)
EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (VENRES 26, 19:30)

PREBENXAMÍN
CD NARÓN-CD AS PONTES A (VENRES 26, 18:30)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (SÁBADO 27, 11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios