Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O pasado Domingo día 28 de Xaneiro disputouse a xornada nº 11, derradeira da primeira volta da presente tempada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

162

Se produxo un cambio no mais alto da táboa xa que A Cova dos Trasnos aproveitose do descanso do ata o de agora líder da competición o Novostylo Peluqueros para facerse có primeiro posto.

A xornada comezaría ás catro da tarde co enfrontamento entre UB2 Group-Pub Plaza, que despois de gañarlle a un dos candidatos ao título de Liga como o Colormix e levarse a vitoria na pasada xornada sen disputar o encontro ante o Husse-Barbarroja, só conseguiu un empate no se enfrontamento contra o Pub Mania-Las Torres 1-1 nun encontro moi igualado no que houbo unha parte para cada equipo.

A continuación A Cova dos Trasnos mediriase a un O Esteo F.S. “B” que aguantou as envestidas do rival ata mediada a primeira metade pero non puideron aguantar moito mais porque a efectividade dos de A Cova unida as gañas de poñerse lideres da competición fixo que o marcador final reflexera un 5-2.

Ás seis da tarde Andaina-Centro Futbol veriase as caras có que sen dubida está a ser o equipo revelación desta tempada Os Tritós-Desguaces Vilabella encontro no que tras un intercambio de oportunidades serian os Tritós os que se adiantarian no marcador e os que se levarían a vitoria final con mais solvencia da prevista por 1-4.

Ás sete da tarde non se celebrou o encontro entre o Ribadeume Futsal e Husse-Barbarroja porque estes últimos non se presentaron por segunda xornada consecutiva, terceira dende o inicio de liga, polo que o Ribadeume conseguiu tres puntos que o fan ascender un posto na clasificación.

Cerrarían a xornada o Colormix eo colista o Matojoma NG UB2 F.S. conxunto que se queda sen puntuar nesta primeira volta xa que volveu a ser goleado esta vez por 8-2 nun encontro no que o Colormix perdoou unha goleada de escándalo.

A continuación deixamosvos cós resultados da xornada número 11, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador da liga na que sigue ao fronte Tomás (A Cova dos Trasnos) con 23 goles seguido por Juanjo (Os Tritós-Desguaces Vilabella) con 13 e Daniel (Novostylo Peluqueros), Alberto e Diego Polo (Colormix) con 10 tantos cada un.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios