Liga Local de Futbol Sala

A Liga Local no descansa por carnavais e o vindeiro domingo día 11 de Febreiro disputarase unha nova xornada, a decimoterceira do campeonato que volverá ao seu horario habitual.

128

Polo tanto a xornada arrrincará ás catro da tarde co encontro entre o UB2 Group-Pub Plaza e o líder o Novostylo Peluqueros que buscará a vitoria para seguir no mais alto da táboa clasificatoria unha xornada mais pero non deberá fiarse dun UB2 Group-Pub Plaza en progresión ascendente despois de que conseguise puntuar en cinco das últimas seis xornadas disputadas

Ás cinco da tarde Colormix e Pub Mania-Las Torres enfrontaranse nun encontro onde o Colormix buscará conseguir unha vitoria que lle permita seguir como colider ou poñerse líder en solitario dependendo do que ocorra no encontro inagural desta xornada.

A continuación Ribadeume Futsal e Andaina-Centro Futbol  veranse as caras nun encontro que promete ser moi igualado entre dous conxuntos que aspiran a conseguir o quinto posto, último posto que evita xogar a ronda previa da copa, no que está situado cómodamente o Ribadeume Futsal con cinco puntos de ventaxa sobre o seu rival e que incluso pode acabar a xornada no cuarto posto dependendo o que ocorra no seguinte encontro da xornada.

As sete da tarde disputarase o que será sen dúbida o partido da xornada entre A Cova dos Trasnos e Os Tritós-Desguaces Vilabella encontro que se espera que sexa moi disputado con moitos goles xa que se enfrontan os dous conxuntos mais goleadores do campeonato ata o momento polo que os porteiros de ambos clubs terán moito protagonismo. Os de A Cova non se deben fiar do equipo revelación da tempada que quererá volver a senda dos triunfos canto antes despois de que na pasada xornada caera derrotado polo líder.

Por último ás oito do seran Husse-Barbarroja e o colista Matojoma NG UB2 F.S veranse as caras nun partido no que o Husse-Barbarroja parte como favorito á vitoria final pero no que o Matojoma NG UB2 F.S. buscará dar a sorpresa e conseguir así inagurar o seu casilleiro puntos.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta Xornada nº 13.

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – NOVOSTYLO PELUQUEROS
Ás 17:00 h. COLORMIX – PUB MANIA-LAS TORRES
Ás 18:00 h. RIBADEUME FUTSAL – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
Ás 19:00 h. A COVA DOS TRASNOS – OS  TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
Ás 20:00 h. HUSSE-BARBARROJA – MATOJOMA NG UB2 F.S.
DESCANSA – O ESTEO F.S. “B”

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios