Liga Local de Futbol Sala

O pasado Domingo día 11 de Febreiro a pesar de estar en plena celebración dos carnavais disputouse unha nova xornada na Liga Local de Futbol Sala, a decimoterceira do campeonato, segunda desta segunda volta.

49

A xornada arrrincaria ás catro da tarde có encontro entre o UB2 Group-Pub Plaza e o Novostylo Peluqueros. Encontro no que o UB2 Group-Pub Plaza despois de puntuar en cinco das últimas seis xornadas vería cortada a súa progresión cunha contundente derrota a mans do líder da competición por un resultado de 1-9 polo que o Novostylo Peluqueros continua unha semana mais no mais alto da táboa clasificatoria.

Compartindo o liderato có Novostylo Peluqueros con 31 puntos está o Colormix que ás cinco da tarde fixo valer a súa condición de favorito para derrotar ao Pub Mania-Las Torres por 4 goles a 1 nun cómodo encontro no que se sempre foi por diante no marcador.

A cotinuación Ribadeume Futsal e Andaina-Centro Futbol verianse as caras nun encontro que cumpreu cós pronósticos de ser moi igualado entre dous conxuntos que aspiran a conseguir o quinto posto, último posto que evita xogar a ronda previa da copa, no que está situado o Ribadeume Futsal que veu como o seu rival neste encontro lle recortaba tres puntos ao conseguir derrotalo por 1-2.

As sete da tarde disputariase o que a priori era o partido da xornada entre A Cova dos Trasnos e Os Tritós-Desguaces Vilabella no que sorprendentemente os de A Cova conseguiron unha cómoda vitoria por 5-0. Esta derrota fai que Os Tritós-Desguaces Vilabella perda opcións de alcanzar a terceira praza que ocupa provisionalmente A Cova dos Trasnos cun partido menos encontro.

Por último ás oito do seran Husse-Barbarroja e o colista Matojoma NG UB2 F.S protagonizaron contra todo pronóstico un encontro emocionante con moitos goles no que o Matojoma NG UB2 F.S., colista da competición, sorprendeu a propios e estranos xa que puxo gañando por 0-4 no que parecía que ia ser a súa primeira vitoria pero con moito tempo por diante o Husse-Barbarroja tirou de oficio e non só conseguiría remontar o encontro senon que mediada a segunda metade xa gañaba por 6-4 para deixar o marcador nun 8-6 final que facía que o sucedido quedara nunha mera anécdota.

En canto á loita por ser o máximo goleador da competición Tomás de A Cova dos Trasnos ao fronte desta particular clasificación con 23 goles seguido por Alberto e Diego Polo do Colormix e Juanjo de Os Tritos-Desguaces Vilabella con 13 goles cada un.

A continuación deixamosvos cos resultados desta Xornada nº 13, a clasificación da Liga Local de Futbol Sala.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios