Campionato Galego de Inverno de Piragüismo

Os padexeiros ponteses do Grupo Xuvenil-Matojoma volveron con dúas medallas nas categorías de veteráns.

126

O pasado sábado 24 de febreiro celebrouse en Castrelo de Miño (Ourense) o Campionato Galego de Inverno individual sobre a distancia de 5000m no que os padexeiros ponteses do Grupo Xuvenil-Matojoma volveron con dúas medallas nas categorías de veteráns, prata para Antonio Polo en 40-44 anos e bronce para Ángel Pico en 35-39. Con estos resultados máis o 4º posto de Rubén Basanta na franxa de idade de 35-39 e os 6º, 11º e 23º posto de José Antonio Menéndez, Ernesto Gancedo e José Ferreira na de 40 anos o equipo pontés acadou a 4º praza na xeral por clubes. Mágoa que os júnior e sénior do equipo non puidesen participar por motivos de estudos e saúde.

Por outra banda o domingo parte do equipo veterano participou tamén no Memorial Miguel Ángel Pérez Gutiérrez en Trasona (Asturias) onde Antonio Polo gañou a a categoría de veteranos e, casi sen descanso, alzouse co 4º posto na manga de sénior.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios