Trampeo vespa velutina

Nos últimos meses a Asociación Casa do Mel mantivo conversas con distintos representantes da nosa Administración para tentar involucralos máis activamente na loita contra a Vespa Velutina.

246

O próximo venres día 2 de marzo ás 19.00 horas teremos en Goente a visita de Carlos Franco Aradas, representante de Medio Ambiente e Parque Natural Fragas do Eume, co fin de explicarnos o seu compromiso na loita contra esta especie invasora no concello de As Pontes.

Pedimos a asistencia de membros da asociación que vostede representa que estean dispostos a colaborar na loita contra a Velutina, colocando trampas co correspondente atraínte CEDIDO POLA CONSELLERÍA e comprometéndose a cubrir as fichas de control de trampas e reconto de capturas.

Nova cortesía da Casa do Mel de Goente

También podría gustarte
Comentarios