XORNADA DA LIGA DE ESCOLAS DE HOCKEY A PATÍNS – SEDE AS PONTES

Este vindeiro sábado 3 de marzo, a partires das 12:00 hs, disputarase non pavillón do colexio Magdalena de As Pontes a cuarta xornada da Liga de Escolas de Hockey a Patíns.

145

Esta liga de nivel provincial, aínda que na cita pontesa debutará o colexio vilalbés Insua Bermúdez, non ten outro fin máis que promocionar a práctica do hockey entre os máis pequenos e facerlles un primeiro achegamento a este deporte a nivel competición. Os partidos xóganse ó ancho da pista, polo que ó mesmo tempo poderán disputarse dous encontros. Trala recolocación das vallas de pista por parte do Concello de As Pontes, o pavillón da Magdalena volverá a acoller competición de hockey a patíns despois de moitos anos.

Participarán nesta xornada os clubs Riazor e Obradoiro de A Coruña, o Compañía de María de Ferrol, o debutantes Insua Bermúdez de Vilalba, así como o anfitrión H.C. As Pontes.

Agárdase un moi ambiente tanto na pista como na grada, con nutrida presencia de visitantes.

Nova cortesía do Hockey Club As Pontes

También podría gustarte
Comentarios