O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe ó Ventorrillo coruñés nun importante partido

138

O Esteo pontés de fútbol sala recibe este sábado no Pavillón da Fraga ó Ventorrillo da Coruña. O equipo pontés, con 23, alonxa en catro puntos ó Leis, en cinco ós coruñeses, e en dez ó colista Unión Arroyo, que en principio sería o único descendido.

Pero non sería a primeira vez que nesta categoría, sobre a marcha, se cambia o número de descendidos, como pasara, de un a tres nin máis nin menos, na 2015-16, así que, a pesar da pouca probabilidade, mellor alonxar os postos de descenso, e quedar o máis arriba posible.

Non será doado o cadro coruñés, equipo que nas 14 primeiras xornadas só lograra un triunfo, precisamente ante O Esteo, e que nas últimas catro leva unha impresionante racha de tres triunfos por unha soa derrota ante o líder Zamora.

Non coñece a vitoria o Esteo na casa ante o conxunto coruñes na Segunda B, xa que so houbo un empate, 2-2 na primeira campaña, pero nas seguintes, un sonado 5-10, que ademáis fora o único triunfo dos coruñeses nesa campaña, un 2-5, e un 4-9 na tempada pasada.

Como é habitual, o equipo conta con moitas baixas, Ayala, e Javichu, Gago, Diego e Juan por motivos físicos, aínda que si estará dispoñible Martín.

SEGUNDA DIVISIÓN B (19ª xornada)
O ESTEO FS-VENTORRILLO
Sábado 3 – Marzo – 2018 (18:30)
Pavillón A Fraga

Liga da Terra Chá
– Sábado 3–
Cadete. O Esteo-A Pontenova (12:00)
Infantil. O Esteo A-O Esteo B (11:00)
Benxamín. A Pastoriza-O Esteo (11:30)
Prebenxamín. Meira-O Esteo (11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios