RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 2-3-4 MARZO

Triunfos de Xuvenil, Infantil, Alevín B e Benxamín B

310

FEMININO
UD CEBARCA-CD AS PONTES (2-1)

O Cebarca de Cerdido sorprendeu ó As Pontes nun partido problemático con varias expulsións, no que pese a adiantarse con tanto de Carlota, pronto empataban as visitantes cun tanto en propia meta de Xeila, e gañaban co tempo cumprido cun tanto de Alba.

Terceiras con 44 puntos reciben o equipo da Capela, décimo e un posto por diante do Cebarca. Xogaron Leti, Yoli, Tania, Nuria, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Uxía.

XUVENIL
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (1-2)

Sufrida vitoria do Xuvenil pontés 1-2 ante o penúltimo Rápido de Neda. Pese ao tanto inicial de Carlos, un gol de Alejandro mediado o segundo período igualaba o marcador, ata que case co tempo cumprido Óscar Calvo anotaba o 1-2 e outorgaba tres importantes puntos ós azuis.

Segundos con 31 puntos, reciben ó San Pedro, sexto. Xogaron Meidán, Carlos, David, Fraga, Breijo, Vilela, Cristian, Chema, Dani, Xose, Andrés, e despois Alex Barro, Óscar, Jose e Antón.

INFANTIL
SCDR ÁNIMAS-CD AS PONTES (2-5)

Vitoria do infantil pontés 2-5 na súa visita a Ferrol. Os de Rivas comezaron gañando 0-3, e pese a que os visitantes recurtaron distancias ata poñerse 2-3, nos últimos minutos sentenciaron os tres puntos. Tres tantos de Xoel Purriños, e un de Jandro e Luis.

Quintos con 26 puntos antes de recibir ó Miño, décimo. Xogaron Mario Regueiro, Íker, Antón, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Jandro, Luis, Iago, Juan, Ángel, Hugo Bouza.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA (4-6)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF B (3-1)

Derrota do Alevín A 4-6 ante o líder Caranza, Sergio Vázquez (2), Israel Varela, Destaw Pellón. Quintos con 14 puntos, visitan ó Mugardos B, oitavo. Segundo triunfo da campaña do Alevín B, trala conseguida ante o Narón B a finais de outubro. Nesta ocasión ante o Meirás B, que se adiantou, pero un tanto en propia meta, e outro de Xalo García e Augusto Sánchez deron a vitoria. Empatan a catro puntos cos de Valdoviño antes de recibir ó San Pedro C, terceiro.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (1-1)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (1-2)

Empate 1-1 do Benxamín A ante o líder Racing de Ferrol, Almahdi Belhaj, e son segundos con 22 puntos, a tres dos verdes, antes de visitar ó Val, sexto. O Benxamín B pola súa banda venceu 1-2 ó colista sen puntuar Cedeira, Xandre Domínguez e Luis Fresco. Cuartos con 20 puntos reciben ó Ferrol C, terceiro.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA B (2-4)
EF RACING DE FERROL B-CD AS PONTES B (4-2)

Derrota do Prebenxamín A ante o Caranza B 2-4, Íker Díaz e Brais Varela, que remontou un 2-1. Son sextos con 15 puntos antes de visitar ó colista Cedeira. Derrota tamén 4-2 do Prebenxamín B ante o Ferrol B, Xalo Franco e Miguel Rioboo, antes de recibir ó Val, sexto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios