LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2017-18

Esta fin de semana puxose fin á Liga de Veteranos

452

Esta fin de semana, coa disputa da décimo oitava xornada púxose fin á Liga de Veteranos Pontesa 2017-18, que rematou coa sorprendente derrota do campión Mav Abogados 0-2 ante MMYPEN. Tampouco se puideron disputar dous partidos por incomparecencia.

Remata a Liga con Mav Abogados campión con 48 puntos, Muebles Eume segundo con 41, e La Galaxia terceiro con 38.

Cuarto quedou A Cepa con 32 puntos, e nun triplo empate entre tres equipos a 20 puntos, Bar Jardín Lecar 712 é quinto, Farmavida sexto e Galiorient sétimo. MMYPEN escala á oitava praza con 19 puntos.

Os últimos postos, con 11 puntos, noveno As Pontes 74, e Electricidad J&O, décimo con 9.

Definitivamente Juan remata claramente como máximo goleador con 23 tantos, seguido de Fernández e Tomás con 19, e 17 de Kivo.

Unha vez rematado o torneo da regularidade, nas vindeiras datas xogarase a Copa.

RESULTADOS 18ª XORNADA
MAV Abogados-MMYPEN (0-2) (Chou, Diego)
AS Pontes 74-Bar Jardín Lecar 712 (0-3, por incomparecencia)
Electricidad J&O-A Cepa (0-3, non disputado)
Muebles Eume-Farmavida (2-2) (Diego 2 / Juan, Manolo)
Galiorient-La Galaxia (2-2) (Tomás 2 / Fontao 2)
La Galaxia-Muebles Eume (3-1) (Juan2, Oscar / Diego)

Nova cortesía Tino Prieto e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios