O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala visita ó Cidade de Narón no derbi

125

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado ó Narón no derbi comarcal da Segunda B. O equipo naronés, de Segunda División o ano anterior, marcha cuarto con 32 puntos, mentres os ponteses son oitavos con 26.

Quitando as dúas últimas tempadas que estivo o conxunto naronés na categoría de plata, nos catro enfrontamentos na Segunda B os do Cidade amosaron o seu potencial, con un 4-0 e 0-6 na 2013-14 e un 4-0 e 0-4 na 2014-15. Nesta campaña, na ida, 2-2.

Por outra parte, algúns dos equipos das categorías de base do equipo xogarán as semifinais da Liga da Terra Chá.

SEGUNDA DIVISIÓN B (20ª xornada)
CIDADE DE NARÓN-O ESTEO FS
Sábado 10 – Marzo – 2018 (18:00)
A Gándara

Liga da Terra Chá
– Sábado 10 –
Cadete. Vilalba-O Esteo (10:45)
Alevín. Guitiriz B-O Esteo (13:00)
Benxamín. Guitiriz B-O Esteo (11:00)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios