Liga Local de Futbol Sala

O Colormix colacase líder en solitario da Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

121

Unha xornada marcada polo encontro que as seis da tarde enfrontaría aos dous primeiros clasificados da táboa. Colormix segundo e Novostylo Peluqueros primeiro ambos empatados a 34 puntos brindaron ao numeroso público asistente un intenso e disputado encontro no que estaba en xogo o liderato en solitario da competición. Liderato que alcanzou o Colormix ao gañar por 3 goles a 0 un encontro no que se puxo por diante no marcador medida a primeira parte e ampliaría a ventaxa antes de que se chegase ao descanso có 2-0. Na reanudación intentario o Novostylo Peluqueros pero a precipitación, as imprecisións nos últimos metros e a boa defensa do Colormix fixo que nunha contra estes aumentaran a ventaxa ata o 3-0. Seguirono intentando os de Vilalba ata o final sacando porteiro xogador sobre a pista pero o marcador xa non se movería.

A xornada abriana ás catro da tarde O Esteo F.S. “B” e o UB2 Group-Pub Plaza nun encontro ao que ambos conxuntos chegaban tras colleitar sendas derrotas na última xornada de liga a mans de Os Tritós-Desguaces Vilabella e A Cova dos Trasnos respectivamente polo tanto os dous equipos buscaron a vitoria dende o inicio do encontro. Vitoria desta volta caería do lado do UB2 Group-Plaza por un resultado de 1-4 nun mal partido dos de O Esteo.

Ás cinco da tarde Andaina-Centro Futbol e Husse-Barbarroja enfrontarianse nun encontro que se prevía que fora igualado polo xogo similar que practican ámbolos dous conxuntos, foi o Husse-Barbarroja o que deu a sorpresa ao gañar con contundencia por 2-7 a un descoñecido Andaina-Centro Futbol que de momento non ve peligrar a clasificación directa para disputar os cuartos de final da Copa Local 2018.

O encontro das sete da tarde Ribadeume Futsal e A Cova dos Trasnos non se disputaría porque o Ribadeume Futsal non tería xogadores suficientes para disputar o encontro polo que os da Cova farianse con tres puntos, sen vestirse de corto, que o colocan segundo na táboa clasificatoria a doús puntos do líder e cun partido menos.

Para cerrar a xornada ás oito do serán verianse as caras os dous últimos clasificados Matojoma NG UB2 F.S e Pub Mania-Las Torres nun duelo onde o favorito a levarse a vitoria final o Pub Mania-Las Torres foi o primeiro en adiantarse no marcador cun 0-3 que facia prever outra goleada que
sufriría o colista pero unha leve reacción do Matojoma poría un inquietante 2-3 no marcador pero foi unha anécdota porque o Pub Mania-Las Torres volveria a estar acertado de cara ao gol e colocaría no marcador un 2-7 final que non indica o disputado que foi este encontro.

A continuación, deixamosvos cos resultados dos encontros desta xornada nº 15, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador do campeonato que segue encabezada por Tomás de A Cova dos Trasnos a as (fotos do encontro entre o Colormix e Novostylo Peluqueros cortesía de Xose Ferreiro).

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios