Amigus Labs Maker 18.1

Como noutras ocasións no solo veciños de As Pontes participaron na xornada, sino tamén xente curiosa venida dende Melide, A Coruña, Betanzos, Ferrol, Santiago e Vigo.

Os máis pequenos participaron nun obradoiro de textil interactivo, onde puideron deseñar os seus antefaces para o carnaval, así como un boneco repleto de ledes, probando a potencia de procesado don ESP8266 e ESP32.

A zona a/v interactuamos con tiras de ledes, controladas por microcontroladores, e mediante un servidor web conectados por wifi.

A zona de robótica deunos para acabar de montar un dos primeiros velocistas de Amigus Labs, un pequeno vehículo de carreiras segue liñas, onde adicamos gran parte do tempo a sua calibración mediante a programación do arduino nano que o controla.

De novo as impresoras 3d estiveron todo o tempo funcionando, facendo pezas para os asistentes así como duas pezas que nos faltaban para rematar a CNC. A CNC que a falta de cablear xa correctamente a electrócia está xa operativa para vindeiros Amigus Labs.

Tivemos expostos varias creacións dos argalleiros de Amigus, desde cúpulas geodesias así como outras pezas deseñadas por os usuarios, incluso o prototipado de pezas encargadas por algúns establecementos da localidade e feitas dende o Fab Lab.

A zona arcade coas recreativas feitas en anteriores Amigus Labs volveu a ter a visita de curiosos e xogadores que puideron aprender os compoñentes con que as fabricamos, así como lembrar vellos xogos das recreativas e consolas dos anos 80 e 90.

Dende o Fab Lab valoramos o resultado da xornada como moi positiva, grazas os comentarios dos usuarios e as propostas para vindeiras edicións que esperamos poder facer con maior periodicidade.

A problematica que temos dende ai tempo é a falta de un espazo propio para non só ter o material e poder desenrolar o fab lab, senon tamen poder dispor de aula e espazo preparado para que os usuarios teñan acceso os 365 días do ano. A importancia de ter dispoñible un Fab Lab no pobo e de dotar dun espazo de arte e creación dixital onde calquera veciño teña acceso a formación e axuda e unha serie de dispositivos ou máquinas para inspirar e capacitar a deseñar e fabricar e innovar fabricando calqueira producto fisio ou audiovisual que se axuste a demandas personais o colectivas.

Desde Amigus Labs queremos agradecer a todas as entidades colaboradoras e á súa implicación día a día no proxecto: Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Galiorient, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter e ao Grupo de Empresa de Endesa.

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

destacado