SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD UNIÓN ARROYO FS-O ESTEO FS (5-2)

Moi mal O Esteo pontés de fútbol sala, que perdeu contra o colista na súa visita a Arroyo da Encomienda, e ademáis por un contundente 5-2. O Unión Arroyo conseguiu a súa terceira vitoria da tempada, incluso a máis folgada, pois as outras dúas foran pola mínima e moi pelexadas.

Toman algo de vida os equipos de abaixo cada vez que os visita O Esteo, pois xa o Ventorrillo vencera 5-3 no único encontro que gañou como local, e aínda queda visitar a un Leis que tras gañar 2-3 ó Santiago de Sama sitúase a sete puntos dos ponteses.

Reciben o vindeiro sábado ó Cuéllar Cojalba, dous puntos por riba, encontro no que deberán sumar pois esta xornada que se presentaba propicia só serviu para que se aproximaran os equipos de abaixo.

CD Unión Arroyo: Jorge Cerezo, Edu, Dani, Alvaro, Javi -cinco inicial- Escudero, Jorge Díaz, Ignacio, Fran.

O Esteo FS: Javichu, Martín, Héctor, Rober e Gago -cinco inicial- Dani, Diego, Gerardo.

Árbitros: Sergio Moreno, Mariano Merino, María Molpeceres (Segovia-Valladolid). Amoestaron a Alvaro, Dani e Gago.

Goles: Min. 1 (1-0), Héctor, pp. Min. 3 (2-0), Jorge. Min.10 (2-1), Martín. (3-1). Min. 25 (4-1), Ignacio. Min. 31 (4-2), Dani. (5-2), Ignacio.
Incidencias: Pavillón Antonio Garnacho, La Flecha, uns 100 espectadores. 15ª xornada.
Liga da Terra Chá
Infantil. Begonte A-O Esteo A (1-2)
Infantil. Vilalba A-O Esteo B (1-2)
Alevín. Abadín-O Esteo (1-4)
Benxamín. Guitiriz B-O Esteo (2-1)
Prebenxamín. Outeiro-O Esteo (0-3)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández