Liga Local de Futbol Sala

Unha xornada que comezaría ás 17:30 horas, por mor da ocupación a primeira hora da tarde do Pavillón Municipal polo que unha vez mais a Asociación Local de Futbol Sala quere agradecer a dispoñibilidade amosada por tódolos clubs participantes asi como aos árbitros para que a xornada se disputase neste horario tan pouco habitual.

A xornada arrincaría ás cinco e media da tarde co encontro entre o Andaina-Centro Futbol e o UB2 Group-Pub Plaza. Como se prevía foi un encontro moi igualado e disputado, con alternativas no xogo e no marcador entre os dous conxuntos e así o indica o resultado final de empate a tres goles, empate que lle serve ao UB2 Group-Pub Plaza para puntuar por cuarta xornada consecutiva afastandose un pouco mais dos postos mais baixos da clasificación mentras que ao Andaina-Centro Futbol este punto non lle serve de moito.

A continuación ás seis e media da tarde Os Tritós-Desguaces Vilabella enfrontariase ao Novostylo Peluqueros nun encontro que comezou con respeto entre ambos conxuntos pero que pouco a pouco se foi trabando ata deslucir o bo encontro que se estaba a ver ata o punto de que case chegan ás mans entre os xogadores o que provocou unha expulsión no conxunto dos Tritós pero non influeu no resultado final que de 1-3 a favor do Novostylo Peluqueros. Resultado que fai que estes últimos volvan a alcanzar o liderato aproveitando que o líder, A Cova dos Trasnos, descansaba nesta xornada.

Ás sete e media da tade o Husse-Barbarroja que as últimas dúas xornadas non se presentou a xogar os seus partidos enfrontariase a un Colormix nun encontro no que este último fixo valer a súa condición de favorito e conseguiría unha cómoda vitoria por 3-5 o que fai que compartan o liderato da Liga có Novostylo Peluqueros.

Ás oito e media o colista NG Matojoma UB2 F.S. colleitou unha nova derrota por 2 goles a 5 ante O Esteo F.S. “B”. Este resultado permitelle a O Esteo seguir con opcións de meterse entre os cinco primeiros da clasificación e evitar así a ronda previa da Copa da Local 2018.

Por último, ás nove e media da noite Pub Mania-Las Torres e Ribadeume Futsal cerraron a xornada nun encontro onde ambos conxuntos buscaron os tres puntos en xogo dende o inicio e no que o Pub Mania-Las Torres chegou a ir gañando 2-0 mediada a primeira parte pero o maior acerto e pegada dos de Ribadeume fixo que estes se levaran a vitoria final cun resultado de 4-6 que fai que se consoliden na quinta praza empatados a 21 puntos con Os Tritós-Desguaces Vilabella que son cuartos.

A continuación deixamosvos cós resultados da xornada nº 12, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador da tempada que segue encabezada por Tomas (A Cova dos Trasnos) con 23 goles seguido de lonxe por Diego Polo (Colormix) e Juanjo (Os Tritós-Desguaces Vilabella) con 13 goles cada un.

Nova cortesía de Moises Fernández