SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – VENTORRILLO FS (2-1)

O Esteo pontés de fútbol sala venceu apuradamente este sábado a un rival dos postos baixos, o Ventorrillo coruñés, conseguindo ademais romper un maleficio, xa que nas outras catro visitas na Segunda B do equipo herculino só conseguira un empate por tres derrotas.

A verdade, o equipo pontés puido marchar ó descanso co encontro moito máis encarrilado, pois dispuxo de moitas ocasións, pero non conseguiu aproveitar dous balóns mortos na área rival, outras tres ocasións, de Dani, Pana e Martín, que non souberon resolver un man a man co porteiro visitante, que estivo inconmensurable, e sobre todo Martín tirou dous balóns ós postes. Polos rivais, resaltar un tiro ó poste e un paradón de Jesús.

Curiosamente, faltando dous minutos, nunha xogada a balón parado, empalou Pana e o balón colouselle por entre as pernas a Iván, alcanzando o xogador de Pontedeume os 21 goles de Jaco, marchando ó descanso ó cadro local con 1-0.

No segundo tempo puido marcar Martín tras un bo disparo, pero fixo un paradón Iván cando o balón se colaba polo escuadro, logo tivo outra ocasión na que salva un defensa baixo paus, ata que, á terceira, tras un potente disparo dende fóra da área o balón colase por alto, conseguindo o seu 20º gol da tempada ante o seu ex equipo, poñendo o 2-0.

Tentarono os visitantes a partir de aí con porteiro xogador, e a falta de tres minutos recurtou distancias Anxo, tras un forte disparo que se acabou colando. Nos últimos instantes foi a polo empate o Ventorrillo ata o último segundo, pero defendeuse o Esteo como gato panza arriba a pesar de dispoñer ao longo do encontro de só tres rotacións, por seis dos rivais, conseguindo tres importantes puntos.

Os de Javi Saa son oitavos con 26 puntos antes de visitar ó Cidade de Narón, cuarto.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Jesús, Martín, Héctor, Pana, Ayrton – cinco inicial – Gerardo, Rober, Dani.

VENTORRILLO FS: Iván, Anxo, Alex, Andrés, Jhony – cinco inicial – Puertas, Guillán, Failde, Dani, Piñe, Alberto.

ÁRBITROS: Corral Martínez, Fernández Becerra, Prados Caamaño (Lugo-Ferrol). Amarelas a Héctor e Faílde, Andrés e Dani.

GOLES: Min. 18 (1-0), Pana. Min. 31 (2-0), Martín. Min.37 (2-1), Anxo.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á decimonovena xornada de Liga, décima na casa. Uns 200 espectadores.

Liga da Terra Chá
Cadete. O Esteo-A Pontenova (4-1)
Infantil. O Esteo A-O Esteo B (3-0)
Infantil. O Esteo A-Guitiriz (2-4)
Alevín. O Esteo-Guitiriz (2-3)
Benxamín. A Pastoriza-O Esteo (1-0)
Prebenxamín. Meira-O Esteo (0-4)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e Moises Fernández