OBXECTIVOS:
Ao finalizar o obradoiro o alumno será capaz de crear e editar unha sinxela base musical para tocar/cantar sobre ela e de gravar un tema musical, todo iso cun PC ou Mac na súa propia casa.

METODOLOXÍA:
O obradoiro é inminentemente práctico, polo que o alumno/a traballará directamente sobre un tema ou temas da súa elección baixo a supervisión do profesor.

CONTIDO:
Harware básico (ordenador, tarxeta, cableado, teclado MIDI).
Manexo básico de secuenciadores.
Arquivos MIDI: concepto, creación, arranxos.
Arquivos audio: conceptos básicos, gravación, arranxos.
Edición básica de partituras.


Luis Angel Díaz-Faes Santiago

Productor audiovisual, realizou os seus estudos en Artes Visuais e da Comunicación en Tracor Art School, así como o Master de Artes e Novas Tecnoloxías.

Desenvolveu todo tipo de proxectos multimedia para empresas do prestixio de Telefónica I+D, Investrónica, UGT, BMG-Ariola, Caixa Galicia, etc. Conta cun amplo bagaxe no desenvolvemento de páxinas web, publicidade on-line, edición e postprodución de vídeo e audio, productos interactivos, animación 2D e 3D e un longuísimo etcétera.

No sector de audio, ademáis de sonorizar numerosos productos multimedia e vídeos, realizou sintonías musicais para webs como Zara, proxeccións audiovisuais para as xiras de Aviador DRO, así como programación e composición do seu grupo musical Kill Bill G

É un apaixonado polas novas tecnoloxías en todos os terreos audiovisuais. Ademáis de desenvolver en numerosas ocasións as súas propias aplicacións para acadar elaborar as súas propias imaxes ou sons.

É usuario rexistrado de Pro Tools 7.4, Cubase 4 e Logic Studio, así como numerosos sintetizadores e samplers tanto por software como hardware.

A súa fonte de inspiración son grupos como Kraftwerk, Depeche Mode ou Front 242.