Os obxectivos do é-vento encádranse en varios eidos:
Didáctico:
- Coñecer a maneira en que o vento se usa para facer música.
- Aprender formas de usar material reciclado para facer música.
- Atopa-las relacións tan pechadas que hai entre o vento e o arte.
- Tomar conciencia da importancia que temos cada un de nós na conservación mediambiental.
Cultural:
A promoción da nova creación
artística en Galicia, para o que se recurriu ó grupo
pontés de poesía 'Alalá' e ó mestre de
percusión do Conservatorio Ignacio Sanz. O grupo 'Alalá'
fixo unha serie de poemas relacionados co vento que terán a
súa estrea absoluta no é-vento. Da mesma maneira,
Ignacio Sanz compuxo 'Música do vento' na que usa o son dos
propios aeroxeradores do Parque experimental de Sotavento, dous dos
poemas compostos polo grupo 'Alalá' e instrumentos construidos
con material reciclado.
Musical:
- A escoita de música contemporánea non é habitual, e este é-vento é
unha oportunidade excepcional para facelo.
- O uso de ruidos brancos flanqueados por sons de tubos sonoros abertos.
- O uso de material reciclado para crear instrumentos musicais.
Artístico:
- A fusión de distintas artes sonoras para acadar un ente artístico único.
- O uso dun elemento da Natureza como fío condutor dunha creación artística.