Para a introducción do é-vento, Abel Riveira compuxo Vento2 para tres trompetas.
Vento2 ven a ser música para trompetas en tres dimensións,
recreando as aspas dun aeroxerador: cada trompeta é unha aspa, e o público no medio
para crear unha sensación de movemento entre as voces, como nas aspas dun aeroxerador,
pasando dunha a outra sen cortes.
En toda a obra úsanse seis notas: do, fa sostenido, si bemol, mi, la e re, todas elas a distancia de cuartas,
pensando nos harmónicos superiores, xa que son harmónicos naturais.
A obra é totalmente lineal habendo choques entre as notas cando pasan dunha voz a outra.
Segundo se van achegando ó final vanse xuntando, como se as aspas foran moi rápidas
e víramos moitas e non so tres, pero buscando sempre a tridimensionalidade.
A obra é sen medida e sen matices, so se busca a aceleración das aspas.
So ó final se atopan todas as notas facendo unha especie de cadencia.
O título non é outra cousa que un xogo de palabras, atendendo tamén ó falado do é-vento:
V(B)en todos