Últimos 15 artigos da categoría deportes:
3 de Febreiro, 2012
O sábado 4 de febreiro, como peche das "xornadas acuaticas" deste outono-inverno, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil e o Concello das Pontes organizan unha xornada de competición de kayak-polo.
Celebrarase un torneo infantil cos nenos e nenas que participaron nas xornadas, e un de maiores no que participaran kayak-polistas do club Copacabana de Ferrol, e do Siero de Asturias, xunto con membros dos equipos ponteses do Xuvenil e o Folixa.
As competicións comezarán as 9 da maña e desenrolaranse ao longo do dia, ata as 19:00 aproximadamente, na psicina climatizada municipal.
O acceso ás gradas será gratuíto.

IX Memorial Eduardo Fernández Villamarín. Carreira de Rábade.
O pasado día 21 de Xaneiro disputouse no Concello lucense de Rábade, o segundo máis pequeno dos 315 de Galicia, a novena edición da xa coñecidísima carreira popular. Como non podía ser de outra maneira, os atletas do Olympo de As Pontes estiveron alí. Cun día moi favorable para a práctica do atletismo a pesar de estar en pleno mes de xaneiro, xuntouse unha gran afluencia de atletas e público a ver a proba. Nun primeiro momento deronse as saídas ás probas infantís, e ás 17h deuse o pistoletazo de saída á proba absoluta, onde estaba a participación do Olympo.
Sobre unha distancia de 6733 metros logrou a victoria da proba absoluta o atleta lucense Carlos Villamor da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, gañando ó atleta ourensán da súa mesma xeneración Alejandro Fernández, do Ourense Academia Postal, cunha diferencia de tan só un segundo. O terceiro posto a máis de 20 segundos da cabeza foi para o lituano afincado en España dende fai moitos anos, e para moitos o xa galego Robertas Geralavicius, tamén da Ximnástica. Sen dúbida gran xeneración a de 1984-1985.

Desde Club Galiorient Sport´s invitaros a todos los amantes de la aventura a la presentación del Trail de Montaña "KM 29, VILA DE AS PONTES" que se celebrara el dia 28 de Julio en un enclave privilegiado y especial para la practica de este deporte.
También os queremos a la par de dicha presentación invitaros todos los amantes de las dos ruedas a conocer BKOOL sistema nuevo implantado en el mundo, el cual aporta un grado mas a tus entrenos indoor, ven a conocerlo y te sorprenderá.

2 de Febreiro, 2012
Axenda deportiva da fin de semana dos días 4 e 5 de Febreiro.
Máis... | Publicado por CyberMODE ás 10:12 PM1 de Febreiro, 2012

HORARIOS COMPETICIÓN CLUB BALONCESTO AS PONTES 28 E 29 DE XANEIRO
Publicado por CyberMODE ás 8:41 AM31 de Xaneiro, 2012
O Mobles Eume segue firme para lograr o título de liga despois de catorce xornadas disputadas na liga de veteranos de As Pontes. O conxunto mobleiro continúa invicto con once vitorias e dous empates, 45 goles a favor e tan só catro en contra.
Resultados esperados nesta 14ª xornada, con goleadas de Construcións Guerreiro e Santaballés sobre As Pontes 74 (4-0) e MMYPM (4-1). Mobles Eume superou por 3-1 a La Galaxia e Farmavida a Xuntanza por 2-0. Salientar a vitoria de Maren sobre Cafetería Bahía por un gol a cero.
Segue de líder, en solitario, na clasificación Mobles Eume, con 35 puntos, seguido de Farmavida (29), Santaballés (26), Construcións Guerreiro (24), As Pontes 74 (23), Cafetería Bahía (21), La Galaxia (15), A Cepa (11), Xuntanza (8), Maren e MMYPEM (3).
Na clasificación de goleadores, segue primeiro Juancar (C. Guerreiro), con 17 goles. En segunda posición está Iván (Santaballés), con 14 tantos marcados. Con doce está Michel (C. Guerreiro), con nove, Fernández (A Cepa), con oito, Pepe (Mobles Eume) e con sete tantos marcados, Roca e Luis (As Pontes 74).
En canto ó trofeo Zamora, é primeiro Marcelino (M. Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Enrique (C. Guerreiro) e Peruzzi (C. Bahía).

3ª División Senior CB AS PONTES 72 - DI SOM TEMPLE 67
Merecida victoria, gran primera parte de los nuestros que se complico tras el descanso, para acabar el partido muy igualados, buena victoria, enhorabuena!! a por más victorias!!!
Preminibasket UNIVERSITARIO FERROL 38 - CB AS PONTES 34
Partido muy igualado entre los dos equipos al final la suerte sonrio al Universitario, fenomenal trabajo de los más peques, pronto llegarán las victorias!!
Minibasket CB AS PONTES 42 - FERROL CB CANIDO 69
Derrota a causa de que en los primeros cuartos no estuvimos muy finos, seguir trabajando equipo!!
Tanto el infantil masculino y femenino no jugaron este fin de semana.
30 de Xaneiro, 2012
O Fendetestas segue co seu particular calvario nunha liga na que non acaba de poder plantar cara en igualdade de condicións ós seus rivais. Desta vez caeu por 10-39 diante do Lalín, perante o que tan só puido presentar doce xogadores de inicio, tres menos dos que conforman un equipo.

O futbolista pontés Alex Cabarcos ven de ser convocado nesta nova andaina da selección galega sub18 para o ano 2012, selección que xogará esta segunda fase en Galicia, probablemente en Ourense, contra a todopoderosa Cataluña, e tamén Aragón. A selección galega pasou a primeira fase con seis puntos, e necesitará sumar alomenos outros catro máis para colarse entre os catro mellores equipos semifinalistas.
Este mércores enfrontaranse nin máis nin menos que ó Coruxo FC de Segunda División B, no Campo de O Vao, a partires das 16:30.

Segunda derrota do Esteo no que vai de temporada diante do Caloto Loyo, de Sarria, por 5-2 (2-0 ó descanso). Medio cento de espectadores no polideportivo do Chanto de Sarria.
Segunda derrota da liga do Esteo nun partido que estivo moi igualado e ó que o conxunto pontés acudiu coas baixas de Gerveno, Santi, Ito e Rubi e por se isto non fora pouco, ós dous minutos de xogo sufriu a lesión de Gerardo. A igualdade foi a tónica do partido, sendo a clave a efectividade dos lugueses que souberon aproveitar as súas ocasións, non así os ponteses. Na primeira metade o conxunto de Sarria marcou logo dun saque de esquina que rematou Darío. Posteriormente Carlos, de potente disparo e pola escuadra, logrou o segundo para o seu equipo. A tónica do segundo tempo foi a mesma, igualdade no xogo e efectividade nos locais que a falta de oito minutos gañaban por 3-0 despois do gol de Carlos, que anotou tres tantos para o seu equipo. Nos últimos cinco minutos o Esteo sacou porteiro-xogador creando moitos problemas na portería local, logrando Pellón o primeiro para o seu equipo, pero nunha indecisión dos ponteses o Caloto establecía o 4-1 por obra de Carlos e no derradeiro minuto de xogo Anxo e Jairo estableceron o definitivo 5-2 co que rematou o partido. Pese á derrota o Esteo xa é campión de liga e na vindeira xornada descansa para viaxar na derradeira á casa do Rececende, da Pontenova.
29 de Xaneiro, 2012
Sensacional o equipo de Terceira División que venceu en Abegondo ó complicado filial do Deportivo, por 1 gol a 2, co que da un paso adiante cara á súa complicada salvación. Comezou adiantandose o equipo pontés con dous goles de Hugo Soto (13´) e Chicho (31´). Tralo descanso os locais empataron no 49´ por medio do internacional español Iago Beceiro, e a pesar da expulsión de Sergio Arias a falta de 20 minutos para o final, incluida a de Lemos, os azuis aguantaron o resultado xogando con dez e sumaron tres puntos vitais, e agora mesmo sendo a situación aínda moi complicada situanse sextos pola cola con algo de marxe sobre os cinco últimos, sendo a día de hoxe seis descensos sumando o actual do Montañeros e o do CeltaB que segue a un punto da salvación. Somozas ten 34, Vilalonga e Dorneda 32, Racing de Ferrol 30, Negreira 29, Bergantiños 26, As Pontes 25, Estradense 21, Areas 19, Betanzos 17, Lalín 15 e Sanxenxo 13. Con tres feridos de guerra conta o As Pontes para o vindeiro encontro, Angeriz e Jordi, que se retiraron tocados, e Arias sancionado, para recibir ó Betanzos de Xoel nunha auténtica final. Xogaron Simón, Moncho, Fernando, Chote, Rochela, Angeriz (Jordi 23´ Dani 46´), Cata, Bossa, Chicho, Arias e Soto (Pablo 72´).
O Xuvenil B conseguiu unha gran victoria, por 0-1, ante o Narón BP, situandose oitavos con 17 puntos. Recibirán ó Portuarios o sábado que vén. Gol de Lucho.
O equipo cadete tamén gañou a domicilio, 1-5 ante o EF Galicia de Caranza. Situase terceiro, empatado a puntos co Narón BP, con 12, e a tres do Galicia de Caranza. Recibirán o vindeiro sábado ó Amistade de Meirás. Goles de Nahum (2), Alex F, Diego e Rey.
O equipo infantil goleou 11-1 ó Miño. Os de Iván Rodríguez escalan ata a séptima praza con 14 puntos acudindo a fin de semana o campo do Cadaval a xogar co Narón BP. Tres goles de Iago e Jandro, dous de Airton, e un de Jorge, Raquel e Josiño.

Empate a 0-0 no encontro disputado hoxe á tarde no Campo Anexo Jose entre o segundo equipo pontés e o cadro de Fene.
De valioso se pode calificar o punto dado que o conxunto local tivo que xogar ata 60 minutos cun xogador menos.
No minuto 32´ da primeira metade produxose a xogada clave do encontro cando o colexiado expulsaba rigurosamenete a Borja tras protestar deixando con dez ós seus compañeiros.
A pesar de xogar cun futbolista menos os azuis tiveron varias ocasións no segundo tempo, un disparo lonxano de Púas, un cabezazo hacia atrás de Fran, Donapetry que se traba en boca de gol, e un zapatazo de Guille e unha falta de Hugo Gegundez sacadas in extremis polo porteiro.
Si se sufriu por momentos, e os visitantes tamén tiveron as súas, pero a gran presencia de Iván González na porta mantivo o casilleiro a ceros.
Pouco máis se lle pode pedir hoxe ó cadro de Calpita, ante o terceiro clasificado e tan limitado de existencias no plantel, sen embargo queda nunha delicada situación, habendo dous descensos directos e renqueantes Cariño e Eume na Primeira Autonómica, o As Pontes é penúltimo con 16 puntos empatado co Barallobre, pero Somozas B e Neda están a catro puntos, e Narón BP e San Sadurniño a seis.
Unha auténtica final terán o próximo domingo na súa visita ó Somozas B ó que necesitarán gañar nun duelo de rivalidade.
Xogaron polos de Calpita Iván, Antón (Palas 70´), Alex Antón, Carlos, Fran, Donapetry, Xabi Pellón (Hugo Gegundez 50´), Danilo (Guille 45´), Borja, Fernando e Púas.

Empate do equipo feminino no encontro disputado na mañá de hoxe no Campo Anexo Jose ante o cadro que marcha quinto clasificado, quedando catro xornadas para o remate da Liga.
Non foi un gran partido, o As Pontes afrontou o mesmo como ven sendo habitual coas xogadoras dispoñibles tendo en conta as continuas baixas coas que o adestrador nunca pode dispoñer de todo o plantel. O cadro visitante presentaba un equipo algo rexuvenecido en relación a anteriores visitas.
No minuto 30´ da primeira metade adiantaronse as visitantes por mediación de Cintia. Por parte locais resaltar un remate de Chipy contra o corpo da porteira (37´) e algunha que outra ocasión que se paseou pola área visitante, tamén no segundo tempo, nas que non se conseguiu sacar nada positivo.
Nun tedioso segundo tempo as azuis empataron o encontro tras un saque de córner en curto, centro á zona perigosa de Jani, e Carlota chegando desde atrás fai o 1-1. Undécimo gol no que vai de Liga e 27º na súa conta particular.
Pouco que reseñar no segundo tempo, a saída de Alba recuperada deulle algo de chispa e talento ó ataque pontés, mentres Jani estaba en tódalas partes, agora que ten que facer de dúas xogadoras ó mesmo tempo, polas visitantes perigosos contragolpes ben secados atrás coas de sempre, Silvia e Noelia, e nos laterais as pequenas Mireia e Andrea Pita. As visitantes tamén defendían o seu, en especial a número 5 Fani, que semellaba Beckembauer e tamén boa laboura da portería Uxía a pesar da súa extrema xuventude.
No 75´ Noelia non estivo atinada nunha falta perigosa ó borde da área provocada por un xogadón de Alba e no 86´ quedou Patri Rochela en posición franca pero tardou tanto en rematar que se lle botou a porteira enriba.

28 de Xaneiro, 2012
Victoria nos últimos minutos do cadro de Carballo ante o conxunto santiagués por catro goles a dous no encontro disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo Jose.
Dous tantos do goleador de Cerdido Javi a pouco de comezar o encontro (3´) e a piques de rematar a primeira metade (40´) semellaban sentenciar o encontro.
Nada máis lonxe da realidade pois os santiagueses empataban mediado o segundo tempo.
Sobrepuxeronse os azuis e a falta de sete minutos do final o traballador medio centro Fabio situaba o 3-2 no marcador.
Pero non foi fácil manter os tres puntos, e incluso no longo desconto foi expulsado Dani Villar polo colexiado ferrolán García Villaverde.
No minuto 96´ Sergio Criado, despois de tres intentos, conseguía marcar o 4-2 definitivo outorgandolle tres importantes puntos ó As Pontes situando ós locais nunha zona relativamente cómoda, novenos con 28 puntos, a 8 do descenso e a 13 dos postos de ascenso.
Compostela, líder destacado con 47, e Vilalbés con 41, copan as dúas prazas, seguidos estes últimos moi de preto por Caranza (38), Ordes e Lugo B (36), que non ceden.
A semana que ven os de Carballo e Boo viaxarán a Cervo a enfrontarse ó San Ciprián, equipo cuarto pola cola con 20 puntos, que marca a criba do descenso, que na ida perdeu 7-1, pero que mellorou moito desde aquela.
Xogaron Alex Reina (Julián 45´), Diego, Rubén, Isma Prieto "Palas", Marcos Otero, Beto (Chungui 70´), Marcos Novo, Fabio, Javi, Borja (Dani Villar 80´) e Gogas (Sergio Criado 71´).
O lesionado Fran Prieto "Toti" volveu a entrar na convocatoria

27 de Xaneiro, 2012
Axenda deportiva da fin de semana dos días 28 e 29 de Xaneiro.
Máis... | Publicado por CyberMODE ás 8:58 AM








