xornadas mouras
xornadas mouras
Programa
<< Volver
10:10 a 11:00 horas
Xosé Lois Armada Pita: Maciñeira revisitado. O porto de Bares, As Pontes e O Camiño dos Arrieiros

Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña, obtén no ano 2005 o doutoramento coa tese “Formas y rituales de banquete en la Hispania indoeuropea”, obtendo sobresaliente cum laude e Premio Extraordinario.

Foi investigador posdoutoral no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Durham (Inglaterra) entre os anos 2006 e 2008. Desde agosto de 2008 desenvolve as súas liñas de investigación sobre metalurxia, cultura material e arqueoloxía protohistórica no CSIC. É investigador posdoutoral do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT). É o investigador principal do proxecto “Do obradoiro ó corpo: o metal como expresión de poder na protohistoria do Noroeste peninsular (2010-2012, Programa de Promoción Xeral da Investigación, Xunta de Galicia) e codirixe o programa de investigación “El Calvari del Molar y el área minero-metalúrgica Molar-Bellmunt-Falset en la protohistoria” (2001-2011, Generalitat de Catalunya), así como as escavacións no xácigo de Calvari del Molar (Priorat, Tarragona).

Participou e participa noutros proxectos, como “Plata prerromana en Cataluña”, “Archives of European Archaeology, AREA”, “El factor minero en el desarrollo histórico de Cataluña meridional: de la Prehistoria a época medieval”, ou o “Programa de investigación en tecnologías para la conservación y revalorización del Patrimonio Cultural”.

É ademáis, secretario de Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio (TAPA) e membro dos comités editoriais de Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA), da Revista d’Arqueologia de Ponent e de Anaina.

Tamén coorganizou congresos e reunións científicas, entre os que se atopan Western Europe in the First Millenium BC: Crossing the divide (2007) e Patrimonio histórico-cultural da Serra da Capelada: investigación e posta en valor (2008).

Ten publicado máis de 80 títulos sobre temas de patrimonio e arqueoloxía, entre artigos de revistas científicas, capítulos ou partes de libros, reseñas, publicacións de divulgación, etc. É coeditor científico dos libros “Contacto cultural entre el Mediterráneo y el Atlántico (siglos XII-VIII ane). La precolonización a debate (EEHAR-CSIC, 2008)” e “Atlantic Europe in the first millennium BC: Crossing the divide (Oxford University Press, 2011)”.

xornadas mouras