xornadas mouras
xornadas mouras
Programa
<< Volver
11:30 a 12:20 horas
Patricia Mañana Borrazás: Os túmulos 4 e 5 de Forno dos Mouros (Ortigueira, A Coruña). Dos resultados das intervencións ata a musealización do sitio

Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1997, con orientación curricular en Arqueoloxía e Prehistoria, realizou estudos de Terceiro Ciclo no programa Arqueoloxía e Historia da Antigüidade, Universidade de Santiago de Compostela, con Suficiencia Investigadora no 1999.

Traballou como becaria de investigación en diferentes categorías do Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC tamén na mesma cidade. Desde o ano 2009 traballa como técnica de investigación no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Santiago de Compostela, executando labouras de documentación tridimensional do patrimonio cultural.

Na súa bagaxe científica cabe destacar a súa experiencia fundamentalmente nos eidos científicos da documentación dixital 3D e análise do Patrimonio Cultural; da Arqueoloxía da Paisaxe, a través do estudo dos procesos de uso e construcción social do espazo ao longo da Prehistoria; e do Megalitismo e a orixe da arquitectura monumental (Arqueoloxía da Arquitectura), a través do desenvolvemento e aplicación de metodoloxías para a documentación e mantemento do Patrimonio Cultural.

Gran parte do seu traballo está vencellado á xestión e documentación do Patrimonio Cultural, tanto coa investigación dos procesos sociais que se atopan en diferentes fenómenos prehistóricos como coa identificación e rexistro en detalle destes restos. Nos últimos anos, especializouse no rexistro xeométrico do Patrimonio, no tratamento e análise desta información tridimensional e na súa representación.

É autora de varias monografías científicas e de preto de 15 artigos de investigación en revistas españolas e internacionais en lingua inglesa, entre os que destacan: “Aplicación de Tecnologías Geoespaciales para la documentación del Círculo Lítico de Monte Lobeira, Vilanova de Arousa (Pontevedra). (CSIC, 2010)”, “Análisis de la Percepción aplicado a los Espacios Funerarios. Dossier didáctico 2005. (INCIPIT, 2005)”, “Deconstructing Neolithic Monumental Space: the Montenegro Enclosure in Galicia (Northwest Iberia). (Cambridge Archaeological Journal, 2011)”.

xornadas mouras