xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Domingo 27 - 10:0 horas

Ástur Paredes:

Investigador e especialista en arquitectura tradicional asturiana, foi cofundador do colectivo asturiano de Artes Plásticas ABRA e dende 1981 até a actualidade traballa profesionalmente como Director de Arte. Logo da súa etapa formativa foron dous os eidos nos que orientou a súa actividade vital e profesional: as Artes Plásticas e a Etnografía.

Artes Plásticas

Como Director de Arte ten realizado numerosos traballos, sempre dentro do ámbito da cultura, entre eles máis de 100 discos e CDs para algúns dos grupos e autores máis relevantes do panorama musical asturiano: Orquestra Sinfónica de Asturias, Hevia, Llan de Cubel, Brenga Astur, entre outros.

É tamén colaborador no diario La Nueva España, levando a coordinación gráfica, deseño e maquetación das súas edicións dominicais: Historia de Asturias (1990), Geografía de Asturias (1992), Sidra y Manzana de Asturias (1993), entre outras.

É ademais coordinador editorial da Fundación Belenos, sendo responsable do deseño das súas publicacións, entre as que destaca a revista Asturies, memoria encesa d’un país da que xa se teñen publicado 33 números (1996-2013).

Etnografía

Interesado dende moi novo na cultura asturiana, adícase a percorrer o país estudando distintos aspectos sobre a súa lingua, folclore, tecnoeconomía e tradicións populares, centrándose finalmente na investigación da arquitectura tradicional e a arte popular asturiana.

En 1982 funda o Conceyu d’Estudios Etnográficos Belenos –hoxe Fundación Belenos- grupo de investigación etnográfica co que continúa traballando na actualidade.

É autor da exposición Las construcciones con cubierta vegetal en Asturias para o pabellón da Consejería de Cultura do Principado (1986).

Entre os anos 1986 e 1988 traballa no estudo e catalogación de Arquitectura Popular para o Plan de Recuperación del Patrimonio del Parque de Covadonga, estudo interdisciplinar promovido polo Ministerio de Cultura.

É ademais coautor do estudo Tipología de la casa popular en los concejos de la franja costera asturiana realizando estudio e catalogación de arquitectura popular nos concellos da mariña occidental (1994-95).

No ano 2002 realiza o estudo Arquitectura de la cocina tradicional en Asturias, para o Muséu del Pueblu d’Asturies.

No ano 2006 visitou o veciño concello de Ortigueira no marco do congreso Etnoarqueoloxía dos celtas en Hispania, dirixido por Martín Almagro Gorbea e organizado pola Fundación Ortegalia, participando cunha ponencia co título: Las construcciones circulares en la Asturias tradicional y su evolución: una fuente para la interpretación arqueológica.

É ademais coautor, xunto a tres arquitectos asturianos, do estudo La aldea asturiana: espacio y arquitectura. Traballo de campo que analiza a organización do hábitat tradicional en distintas áreas de Asturias, realizado entre os anos 2008 e 2010.

<< Volver
xornadas mouras