xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Domingo 27 - 12:00 horas

Ana Filgueiras Rei:

NOTA BIOGRÁFICA:
Nada na Coruña. Licenciada en Xeografia e Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela (1990).

SÍNTESE PROFESIONAL
Tendo colaborado e dirixido numerosas intervencións arqueolóxicas exerce como arqueóloga da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia (Coruña) desde o ano 2001, vindo este seu percurso profesional marcado até o momento pola coordenación e dirección de proxectos que incidiran na recuperación e reintegración cultural do Patrimonio (Histórico, Arqueolóxico, Etnográfico...). Esta labor abordouna sempre desde a perspectiva da cooperación interdisciplinar tanto na elaboración de propostas de ordenación urbana (Plans Xerais Municipais, Proxectos de urbanización, Plans Especiais de núcleos históricos, integración urbana de restos arqueolóxicos...) como naquelas de matiz máis histórico-antropolóxico (Plans directores en Espazos Naturais, Camiño de Santiago, centros de investigación e difusión do Patrimonio Cultural...). No entanto, o esforzo persoal e anceio antigo de saber céntrase na investigación antropolóxica orientada ao coñecemento do legado cultural da tradición no noroeste peninsular, así como aspectos do saber tradicional sobre a crianza e a maternidade. O compromiso adquirido neste ámbito da mitoloxía e a tradición oral tradúcese na cooperación en proxectos coas universidades galegas e a administración autonómica, así como a promover a súa difusión pública en documentais, cursos, conferencias e publicacións en Galiza, Portugal e Francia.

PUBLICACIÓNS
• Túmulos y Petroglifos: La Construcción de un Espacio Funerario: Aproximación a sus Implicaciones Simbólicas. Estudio en la Galicia Centro-Oriental: Samos y Sarria. Espacio, Tiempo y Forma. Serie, Prehistoria y Arqueología. T. 7, 1994. pp. 211-253. U.N.E.D. Madrid.
• Folleto informativo sobre a xenealoxía histórica e tradición cultural do solar nº 25 da rúa de Xelmirez na praza de Fonte Sequelo en Santiago de Compostela. Santiago 1.997.
• Memoria das Tradicións en Compostela. O Galo. Revista da Agrupación Cultural O Galo. Nº 1. Maio de 2003. Santiago de Compostela
• Vivencias da Minería do Volframio na Enseada de Corrubedo (Ribeira. A Coruña). Introdución á Minería no Barbanza. Ed. Cámara Oficial Mineira de Galicia 2008
• Sondaxes Arqueolóxicas Valorativas no inmoble nº 2 da Rúa Entregaleras. Santiago de Compostela. Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2006. Ed. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Deporte. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. 2008
• Reintegración Urbana do Patrimonio Cultural da Ribeira do Río Traba e acondicionamento, recuperación de accesos, lavadoiro e contorno dos Muíños da Pedrachán. Noia. A Coruña. Rede de oficinas de Rehabilitación. Portelos ünicos de Vivenda en Galicia. Ed. Consellería de Vivenda e Solo. Xunta de Galicia. 2008
• O Val de Elviña. A Identidade Cultural na Memoria. Cartafol con planos do estudio antropolóxico no ámbito do campus Universitario de Elviña. A Coruña. UDC. Universidade da Coruña. Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. 2009
• Deixade ao mar a derradeira palabra. Crónica dunha viaxe a Porto no día do pasamento de José Saramago. Xornal El País. Edic Galicia (2-7-2010) p.12
• Alberto Sampaio. Um fruto precioso da Terra (Guimarâes 1841-1908). Revista As Artes entre as Letras nº 40. Porto.Dezembro 2010
• Involución del Instinto Maternal en la actualidad. Crónica de una sumisión. Estudios Multidisciplinares para la humanización del parto. VV.AA. Ed. Universidade da Coruña. 2011
• Colaboración no capítulo Nourrices dáilleurs de Nöelle Renault: Les Nourrices. Mémoire en Images. France 2012. Editions Alan Sutton
• Traducción ao español do libro A Igreja e A Torre dos Clérigos de Beatriz Ancede Barbosa Hierro e J. Francisco Ferreiro Queiroz Ed. Irmandade dos Clérigos. Comemorações do 250 aniversário da igreja e Torre dos Clérigos (1763-2013). Porto (no prelo).
• Saberes e Valores do Território. O discurso da Água. Reintegração Urbana do Patrimonio Cultural da Ribeira do Rio Traba. Noia (Coruha. Galiza). Actas do Colóquio Internacional de Arquitectura Popular. Arcos de Valdevez. (Portugal) (no prelo)

MATERIAL AUDIOVISUAL
• Asesoramento e documentación da Serie Documental da TVG Historias de Galicia. Capítulo I. Onde o Mundo se chama Galicia. Maio-Xuño de 2006
• Guión e participación no documental de antropoloxía e arqueoloxía: A Eira dos Mouros e participación nas entrevistas sobre a xestión do Patrimonio Cultural do documental “Xunguindo Tempos”. Edic. da Fundación Pro-Patrimonio Rois. Productora Iceberg Audiovisual 2008.

<< Volver
xornadas mouras