xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Sábado 8 - 10:30 horass

Alberto Vera Meizoso: Reflexións en torno ás primeiras embarcacións de bimbio cubertas con pel de boi.

Sendo moi novo enrólase na Armada, formando parte das tripulacións do Galatea e o Juan Sebastián de Elcano. Froito da súa paixón polo mar nace da súa pluma o libro titulado “La leyenda del Galatea y una colisión en el Mar sin Nombre”, autoeditado no ano 2010. O xermolo que inspira esta lenda é unha mistura de lembranzas e pensamentos que rexorden ao lonxe, terra adentro, dende a morriña que un pode chegar a sentir polos barcos e o mar. Texto que narra a vida a bordo, ao final da que describe o seu segundo destino na Armada, o Juan Sebastian de Elcano.

Autor de “Naves celtas” o seu traballo basease na realización dunha réplica da Borna a escala menor. A Borna é unha embarcación de bimbio, coiro e graxa sen madeira, puntas e aceiro, que en agosto de 1975 o profesor da USC Santiago Fernando Alonso Romero e un grupo de afeizoados á arqueoloxía de Cangas e Moaña, trataron de reconstruir e facelo navegar dende a costa de Vigo ata as Cíes. Das observacións da mesma e da relación epistolar entre Alberto Vera e Fernando Alonso Romero despréndense outras dúas construccións nas que experimenta con outro tipo de estruturas e impermeabilizado mediante costuras de coiro.

<< Volver
xornadas mouras