xornadas mouras
xornadas mouras
Palestras
<< Volver
Sábado 8 - 13:00 horas e 16:00 horas

Grupo Taranis: Taller de elaboración de cota de malla.

O Grupo Taranis é unha sociedade que comeza a súa saga no ano 2009 coa intención de amosar ás xentes de todo o territorio peninsular, cómo foi a vida e a cotidianeidade dos nosos antepasados (dende a idade do ferro ata a alta idade media). Deste xeito, xuntaron diferentes especialidades, dende as expresións netamente artísticas (música, interpretación, creación, guionización...) ata o asesoramento histórico, coordinación de medios na planificación de eventos ou produccións audiovisuais.

En todo momento, a espectativa é facer protagonista da súa proposta ao público presente, propoñendo diferentes actividades nas que de xeito lúdico e sempre cargado de humor, poidan coñecer cómo hai moito máis de mil anos discurrían as xornadas na vida de calquera persoaxe. Os estamentos e organización social, os principais oficios da época na rexión, o contacto comercial co exterior pero tamén os principais xogos da época, as lendas e tradicións máis antigas, as festas e música, as exhibicións máis amenas e entretidas son as principais ferramentas que permiten crear un esceario válido para sentirse parte dunha historia antiga que por momentos, non nos vai resultar en absoluto allea ou afastada ao noso tempo.

Tentan rachar o concepto de que “a historia é aburrida e non quero ler enciclopedias”, creando outros espazos onde coñecer, descubrir, experimentar de forma práctica esa teoría que tan tediosa pode ser.

Propoñen vivir en primeira persoa unha instrutiva experiencia que compartir de forma amena.

<< Volver
xornadas mouras