amigus-party 2005
8, 9 e 10 de decembro de 2005 no local social das Campeiras

Para asistir á amigus-party nadal-2005 debes vir equipado co teu ordenador e todo o preciso para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que a tés dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

- Roupa para os 3 días, toallas e útiles de aseo.
- Saco de durmir e esterilla.
- DNI.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Unha almofada.
- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un cd de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes, antes de acudir a amigus-party nadal-2005, e que instales un antivirus.

O prazo de inscripcion remata o 6 de decembro, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

Nesta edición da amigus-party temos campionatos de Counter Strike 1.6 torneo 3 vs 3 e Call of Duty PC vs MAC, organizados por www.g3t-gaming.com.

CS 1.6 Torneo 3 vs 3

-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno

En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.


Call of Duty PC vs MAC

Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.