amigus-party 2005
24, 25 e 26 de marzo de 2005 no local social das Campeiras



Para asistir á amigus-party 2005 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que a tés dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.

- Roupa para os 3 días, toallas e útiles de aseo.
- Saco de durmir e esterilla.
- DNI.


Aparte disto, é recomendable traer:

- Unha almofada.
- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un cd de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes, antes de acudir a amigus-party 2005, e que instales un antivirus.

O prazo de inscripcion remata o 20 de marzo, a pre-inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

Listados dos obradoiros propostos:

1.- Macromedia Flash > http://www.macromedia.com
Animación en Flash, ActionScript e publicación para Web

2.- Animación 3d - ElectricImage > http://www.electricimage.com
Nocións básicas de modelado poligonal e Nurbs
Animación 3d, texturizado, iluminación e render

3.- Photoshop avanzado > http://www.adobe.es/
Uso de capas e canais alpha, retoque de imaxess, efectos 2D

4.- Edición de vídeo dixital > Adobe Premiere http://www.adobe.es/
Captura de vídeo, edición, transicións, compresión, audio

5.-Efectos especiais en vídeo > Adobe AfterEffects http://www.adobe.es/
Animación 2d, máscaras, efectos especiais, render e axustes

6.- Instalación de sistemas Linux > Mandrake Linux http://www.mandrake.com/, Debian Linux http://www.debian.org http://www.debian.org

7.- Administración de sistemas Linux > Xestión de usuarios e grupos, permisos, configuración de rede, etc.