amigus-party nadal-2006
28, 29 e 30 de decembro de 2006 no Lar de ENDESA

Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, mancomun.org, o CESGA e a Consellería de Innovación e Industria

Para asistir á amigus-party nadal-2006 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party nadal-2006, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party nadal-2006 son os seguintes:

Abrimos o xoves as 12:00 do mediodia ata as 02:00am do venres
O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o sábado as 20:00 da tarde. Se a noite do venres vemos que fai falla pechar, se abriría de novo o sábado as 10 da maña.

O prazo de inscripcion remata o 26 de decembro, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

@miguSoft-Libre

O venres de 10:00 a 14:00 temos a xornada sobre software libre. O programa é o seguinte:

10:00 a 10:30 Presentación da xornada e almorzo

10:30 a 12:00 Blender a cargo de Gustavo Muñoz (www.gustavom.com)
- A Blender Foundation.
- A interface de Blender.
- Modelado con Blender.
- Texturado con Blender.
- Animación con Blender.
- O proceso de Render con Blender.
- Introducción á game engine de Blender.
- Exemplos de traballos feitos con Blender.

12:00 a 12:15 pausa/café

12:15 a 13:00: mancomun.org:
Falaranos desta iniciativa da Consellería de Innovación e Industria para promover o Software Libre Tomás Vilariño, enxeñeiro informático pola Universidade de Vigo quen ademáis de traballar en varias empresas foi membro do Grupo de Usuarios de linux.
- Facilitar o desenvolvemento industrial de factorías de software en Galiza.
- Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
- Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
Neste sentido, mancomun.org - Iniciativa galega polo Software Libre http://www.mancomun.org pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.
Entre os proxectos destacados de Mancomun.org está a difusión do Software Libre, a coordinación da localización de diferentes programas coma OpenOffice ou Firefox, a divulgación de casos de éxito no eido empresarial, consultaría técnica...

13:00 a 14:00 Coloquio "O Software Libre"

campionatos de @migus

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Warcraft 3 Frouzen Trone, Counter Strike 1.6 torneo 5 vs 5, Call of Duty PC vs MAC e campionatos coa Xbox e a nova Nintendo Wii.

CS 1.6 Torneo 5 vs 5

-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno

En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.

Call of Duty PC vs MAC

Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.

Warcraft 3 Frouzen Trone

Tes as bases para descargar na seguinte ligazón (pdf)