27 e 28 de decembro no Lar de ENDESA

Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria.

Para asistir á amigus-party nadal-2008 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party nadal-2008, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party nadal-2008 son os seguintes:

Abrimos o sábado ás 00:00 da madrugada ata as 20:00 do domingo
Se a noite do sábado vemos que fai falla pechar, abrirase de novo o domingo ás 10:00 da maña.

O prazo de inscripcion remata o 26 de decembro ás 12.00 horas, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

@miguSoft-Libre

O sábado de 16:00 a 20:00 temos a xornada sobre software libre, nesta edición orientada ó mundo educativo e ó empresarial.

campionatos de @migus

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Tenis (Wii Sports), Bolos (Wii Sports), Nexuiz, Mario Kart (Wii) e demostracións de xogos coas consolas de última xeración Xbox 360, PS3 e a Nintendo Wii.

Campionato de Wii Sports.  
Modalidade: Tenis
- Xogarase en modalidade de cruzamentos directos e eliminatorios, ata chegar á final.
- Cada equipo poderá estar formado por unha persoa, Individual, ou por dús, Parella.
Horario: Sábado ás 21:00 horas.
Modalidade: Bolos
- Xogarase na mesma modalidade que no campionato de Tenis, cruzamentos directos e eliminatorios, ata chegar á final.
- Este xogo será exclusivamente Individual.

Horario: Sábado ás 22:00 horas, ou cando remate a modalidade de Tenis.


Campionato de Starcraft  

• Modalidade de xogo eliminatoria 2vs2 (en función do numero de xogadores, optaráse pola modalidade individual).
•As parellas elexiran as razas antes do campionato (a mesma raza por parella) Unha vez elexida, manterase durante todo o campionato.
• Tipo mapa: Jungle.

• Regras:
       1. Nos primeiros 10 minutos esta prohibido atacar. Transcorrido este tempo darase un aviso local para o inicio dos ataques.
       2. Terminantemente prohibido o uso, de trucos, exploits ou bugs, motivo de expulsion directa.
       3. Baixo ningun concepto se admite ningun tipo de menosprezo, insultos... a outros xogadores.

Horario: Sábado as 23:00


Campionato de Mario kart Wii.  
Nesta party contaremos, ademáis cun campionato de Mario kart Wii.
A modalidade de xogo será elixida dependendo das persoas que estean apuntadas, podendo ser unha liguiña ou cruces directos de ata 4 persoas, etc.
Horario: Sábado ás 23:30 horas

Campionato de Quake 3  

• Modalidade de xogo Todos contra todos a vidas, e o que sobreviva proclamarase gañador.
• Versión: 1,32.


Horario: Sábado as 23:00