amigus-party nadal-2006
5, 6 e 7 de abril de 2007 no local social da A.VV. Campeiras

Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co Concello das Pontes, coa colaboración de A.VV. Campeiras , Openor, mancomun.org, o CESGA e a Consellería de Innovación e Industria

Para asistir á amigus-party semana santa-2007 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party semana santa-2007, e que instales un antivirus.

A duración da amigus-party semana santa-2007 é o seguinte:

Abrimos o xoves día 5 as 12:00 do mediodia ata.... o sábado día 7 as 20:00pm

O prazo de inscripcion remata o 4 de abril , a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

@miguSoft-Libre

O venres de 16:00 a 20:00 temos as xornadas sobre software libre. O programa é o seguinte:

16.00 a 17.00: Galinux-Slax a cargo de Teo Ramírez
- Que é Galinux
- Quen é Galinux
- Para quen é Galinux
- Como se fai Galinux
- Como é Galinux

17.00 a 17.30 pausa/café

17:30 a 20.00 Instalación de sistemas Linux a cargo de jmpello (www.amigus.org)
- Elección da distribución
- Comprobación da compatibilidade do Hardware
- Métodos de instalación
- Particionamento dos discos
- Configuración do arranque
- Configuración da rede
- Elección dos paquetes a instalar
- Configuración do kernel
- Xestión de usuarios e grupos
- Configuración do sistema gráfico
- Configuración do resto do sistema

20.00 a 20.30 pausa/café

20.30 a 21.30 Obradoiro de instalación dun Linux na PS3 a cargo de jmpello e CyberMODE (www.amigus.org)
- Backup dos contidos da PS3
- Acadar un DVD de instalación (Yellow Dog, Fedora...)
- Proceso de instalación (seguinte > seguinte > seguinte ...)
- Que podemos facer cun Linux nunha PS3

campionatos de @migus

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Warcraft 3 Frouzen Trone, Counter Strike 1.6 torneo 5 vs 5, Call of Duty PC vs MAC e campionatos coa Xbox, Nintendo Wii, e a nova PLAYSTATION 3.

CS 1.6 Torneo 5 vs 5

-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno

En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.

Call of Duty PC vs MAC

Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.

Warcraft 3 Frouzen Trone

Tes as bases a descarga no seguinte enlace (pdf)