amigus-party verán-2006
4, 5 e 6 de agosto de 2006 no local social das Campeiras
Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración da Asociación de Veciños das Campeiras e con conexión a Internet gracias a OPENOR.

Para asistir á amigus-party verán-2006 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party verán-2006, e que instales un antivirus.

O prazo de inscripcion remata o 2 de agosto, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Counter Strike 1.6 torneo 5 vs 5 e Call of Duty PC vs MAC, organizados por www.g3t-gaming.com.

CS 1.6 Torneo 5 vs 5

-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno

En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.

Call of Duty PC vs MAC

Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.