Unha nova edición da amigus-party estase a preparar, co-organizada de novo co concello das Pontes e coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Para asistir á amigus-party verán-2012 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalar o teu ordenador, a un enchufe de rede eléctrica e a outro de rede de datos; o resto deberás traelo ti. Para que non esquezas nada aquí tes unha pequena listaxe de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música; OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abrir o teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir á amigus-party verán-2012, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party verán-2012 son os seguintes:

Montaremos o xoves ás 21:00 e a continuación comezaremos a party ate a madrugada. O venres abriremos as portas ás 10:00 da mañá ate a madrugada do domingo, mais se é necesario faremos unha paréntese na noite do venres para logo abrir o sábado ás 10:00 da mañá. O domingo recolleremos ás 12:00 do mediodía.

O prazo de inscripcion remata o 3 de xullo ,
a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

Starcraft 2 Left For Dead 2 World of Warcraft
Xogo de estratexia en tempo real onde enfrentaranse a habilidade e a pericia dos xogadores. Podendo elexir entre 3 razas diferentes, o xogador terá que se enfrontar a outros xogadores co fin de ser o único supervivinte no mapa conseguindo finiquitar os demáis inimigos. Para elo terá que xestionar os recursos precisos e ir evolucionando para ser o máis poderoso de todos. Xogo en primeira persona onde tes que sobrevivir ó apocalipsis zombie. En grupos de 4 humáns e 4 zombies os humáns terán que chegar a unha zona segura pasando por varios perigos polo camiño mentres o grupo de zombies terán que evitalo con sucesivos ataques deténdolos así no seu intento de sobrevivir. Ten ollo xa que poderán sair de calqueira esquina! Xogo en terceira persoa que enfrontará a dous equipos onde o traballo conxunto é esencial pra gañar. Achégate ás areas onde atoparás grandes enfrontamentos de meigos, loitadores, monxes e máis tipos de personaxes nun mundo fantasioso onde a velocidade e a estratexia é esenciar para acabar co equipo contrario.

No Ping xestcourido Nauta