Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Para asistir á amigus-party veran-2013 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party veran-2013, e que instales un antivirus.

Os horarios da amigus-party veran-2013 son os seguintes:

Montaremos o xoves 1 de agosto as 18:00 da tarde. O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o domingo. Se a noite do venres ó sábado vemos que fai falla pechar, se abriría de novo o sábado as 10 da maña. O domingo recolleremos as 19:00 da tarde.

O prazo de inscripcion remata o 31 de xullo ,
a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario

Starcraft 2 Left For Dead 2 World of Warcraft
Xogo de estratexia en tempo real onde enfrentaranse a habilidade e a pericia dos xogadores. Podendo elexir entre 3 razas diferentes, o xogador terá que se enfrontar a outros xogadores co fin de ser o único supervivinte no mapa conseguindo finiquitar os demáis inimigos. Para elo terá que xestionar os recursos precisos e ir evolucionando para ser o máis poderoso de todos. Xogo en primeira persona onde tes que sobrevivir ó apocalipsis zombie. En grupos de 4 humáns e 4 zombies os humáns terán que chegar a unha zona segura pasando por varios perigos polo camiño mentres o grupo de zombies terán que evitalo con sucesivos ataques deténdolos así no seu intento de sobrevivir. Ten ollo xa que poderán sair de calqueira esquina! Xogo en terceira persoa que enfrontará a dous equipos onde o traballo conxunto é esencial pra gañar. Achégate ás areas onde atoparás grandes enfrontamentos de meigos, loitadores, monxes e máis tipos de personaxes nun mundo fantasioso onde a velocidade e a estratexia é esenciar para acabar co equipo contrario.

No Ping xestcourido Nauta