A Asociación Informática Amigus foi fundada no ano 2002 por
un grupo de veciños das Pontes, con gustos en común, no uso
de novas tecnoloxías, Informática e Internet.
Tra-la creación no ano 1996 do canal de irc #aspontes, veciños
das Pontes, comezaron a contemplar o forte auxe das novas tecnoloxías
e como as novas xeracións empregaban estes novos medios de comunicación
para poñerse en contacto cos seus amigos. Non só é e
era frecuentado por veciños das Pontes, senon tamén por antigos
veciños que por motivos persoais ou de estudios seguen botando de
menos a nosa cidade.
A raiz deste efecto, un grupo destos internautas comezou a ve-la necesidade
de fomentar non só xuntanzas on-line, senon crear un punto de unión
en Internet no que os veciños tivesen un punto de referencia.
A finais de 1998 creouse a primeira versión de as-pontes.com, un
lugar onde fomentar a nosa cidade e ter recursos útiles para os nosos
veciños, amigos e visitantes.
A traveso desta iniciativa, e escoitando as peticións de moitos deste
grupo de usuarios, comezouse a sentir palpable unha necesidade, de empezar
a facer xuntanzas onde uns e outros compartisen as súas experiencias
e nos axudásemos coa evolución destas novas tecnoloxías.
No nadal do ano 2002, atrevímonos a realicar a primeira Party Amigus,
unha xuntanza de usuarios, no Colexio da Fraga, onde cada un, co seu equipo
informático, deixaba de estar na soidade do seu cuarto, para compartir
cos demais coñecementos.
O 24 de Xullo de 2003, crease o que é a nova web de Amigus (amigus.org)
un novo portal, con información actual de novos productos, así como
novas locais, promoción de artistas locais, festas, feiras e demáis
actividades que se celebran nas Pontes. Pouco a pouco se foi engadindo máis
contido á web, como é o caso do Rueiro, unha forma de coñecer
As Pontes de García Rodríguez, as súas rúas,
os seus lugares de interese, así como a posibilidade de realizar
unha visita virtual á nosa cidade.
Ata a data, a web recibiu máis de 600.000 visitas, dispón
de máis de 7.000 novas repartidas en 38 categorías. Un álbum
fotográfico das Pontes de máis de 5.000 imaxes destacando
as das Festas de Fraga, unha das seccións máis visitadas da
web.
Ademáis como forma de promoción local, os apartados Sons da
Vila e Deporte Pontés, son un punto referente de promoción
dos grupos locais.
Todo elo, realizado de forma desinteresada por veciños das Pontes,
fan que sexa unha das web con máis visitas da comarca.
Ademáis de todo elo, Amigus, organizou gran cantidade de obradoiros
e cursos para os seus socios que se desenvolveron dentro das Parties ou
ben en datas puntuais ó longo da súa andaina.
Tras estas experiencias, e grazas ó apoio de veciños e outras
asociacións locais, Amigus desenvolveu, un centro dirixido a comercios
locais en Internet, MercaNasPontes.com.
A intención desta páxina é que calquera de vos poida
expoñer o que pensa ou o que fai. Así que se queres podes
participar nos foros ou
ben enviarnos unha nova a redaccion@amigus.org que
publicaremos tan pronto poidamos.
ASOCIACIÓN INFORMÁTICA
'AMIGUS'
Apdo. de correos 134
15320 As Pontes de García Rodríguez
www.amigus.org
info@amigus.org