Benvido ó rueiro das Pontes
Manual de uso:
Unha vez entres no rueiro, verás unha pantalla similar a seguinte:
Esta pantalla está dividida en dúas áreas: Rueiro e Navegador. No rueiro visualizarás o mapa coas rúas, servicios, vistas virtuais, e puntos de acceso Wi-Fi, opcións que poderás seleccionar (para que se vexan) o deseleccionar (para que non se vexan) no Navegador, premendo nos botóns correspondentes a cada unha das opcións. Ademáis, debaixo da miniatura do mapa existen uns triángulos que poderás mover de esquerda a dereita (para ampliar) ou viceversa (para reducir), para poñer o mapa co zoom máis adecuado para ti. Tendo o mapa con zoom, aparecerá un rectángulo de cor vermella que poderás mover ao teu gusto polo mapa. A zona delimitada por este rectángulo sera a visualizada no Rueiro.

Como xa se mencionou anteriormente, debaixo deste navegador
hay catro botóns que fan visibles ou invisibles as
diferentes opcións do mapa. Por defecto aparece activado
o botón “Rúas”, pero podes activar/desactivar
e facer combinacións entre eles.
![]()
Este botón activa ou desactiva o nome das rúas.
![]()
O botón "Servicios" activa ou desactiva os
edificios de servicios das Pontes. Pasando co rato sobre os
mesmos, aparecerá no rectángulo branco coa descrición
ou o nome dese punto.
![]()
“Vistas Virtuais” activa ou desactiva os puntos
donde desenvolvemo-las vistas panorámicas das Pontes.
Pasando co ratón sobre os cubos, aparecerá no
rectángulo branco a descrición de ese punto
e se picas sobre estos cubos, abrirase unha nova ventá flotante
coa vista virtual. Precisas ter o QuickTime instalado
para poder visualizarlas.
Unha vez entres nesta nova ventá, para moverte dentro
do VR debes picar sobre a imaxe e move-lo ratón á zona
que desexes visualizar.

![]()
Este botón mostra os puntos de acceso Wi-Fi (tecnología
Wireless, sin cables) que están repartidos polo pobo, ¡se
tes un e non aparece, avísanos!
Esperamos que este rueiro sexa de gran utilidade para todos vós,
tanto veciños
como visitantes deste noso pobo.





