|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
|
Agosto 31, 2003Máis ordenadoresLendo galicia-hoxe.com, vemos isto: ..."Un 40 por cento dos fogares galegos contan alomenos cun ordenador persoal, segundo se desprende dun estudio elaborado pola Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, dependente da Consellería de Cultura. O estudio revela tamén que a metade destes fogares están conectados a Internet, principalmente con tarifa plana, e que se rexistrou un incremento das conexións a través de ADSL ou redes de cable. O ordenador persoal é, con gran diferencia, o terminal máis estendido para acceder ós servicios e contidos en Internet, así como para o soporte das aplicacións informáticas dos usuarios. Ademais, o estudio indica que predomina claramente o sistema operativo Windows 98, seguido do Windows 2000, e que, polo xeral, as familias galegas contan con ordenadores periféricos multimedia, dotados de cartón de son ou CD-Rom, entre outras utilidades. O principal emprego do ordenador persoal no ámbito doméstico son as aplicacións ofimáticas, como o demostra que un 96 por cento destine o seu equipo para tal fin. As aplicacións relacionadas co lecer (música, xogos, etc.) tamén ocupan un lugar destacado, sendo utilizadas en máis dun 60 por cento dos fogares con equipos informático. Tamén ocupa un posto destacado o acceso a Internet como aplicación principal da informática no fogar, xa que un 48,65 por cento das familias con ordenador teñen tamén acceso a Internet. No que se refire ó tipo de conexión á rede, a opción máis frecuente é a liña telefónica básica (71 por cento), seguido polo ADSL (17 por cento), rede de operador de cable (6,4 por cento) e RDSI (4,6 por cento). Neste sentido, o estudio aprecia unha taxa de crecemento interanual das conexións ADSL e das redes de cable, que fan prever que nos próximos anos a comunidade se sitúe entre os primeiros países de Europa en conexións de banda ancha. Con independencia do modo de acceso de Internet, a modalidade de pagamento preferida nos fogares galegos é a tarifa plana (55%), seguido polo pagamento segundo o consumo (30,6%) e os bonos (9,6%). Desta forma, o estudio conclúe que en máis dun 65 por cento dos fogares se leva a cabo un acceso bastante frecuente á rede, cun consumo medio estimado de 26 euros por mes. " Fonte: galicia-hoxe.com Publicado por jmpello -- Agosto 31, 2003 9:15 AMComentarios
Engade un comentario
|
Novas Recentes
-Cinco futbolistas do CD As Pontes xogarán o luns coa selección comarcal de Ferrol
-As Pontes adelanta un año la implantación de la televisión digital terrestre en todo su territorio -El PP denuncia la «descoordinación» entre consellerías en la gestión de ayudas a As Pontes -Adobe reducirá 600 puestos de trabajo a nivel mundial -Complicado grupo para España e Rochela na segunda fase do Europeo Sub 19 -O misterio do Vaso Campaniforme da Vilavella - Capítulo V -Concerto de Mr. Dixie Jazz Band -El Gobierno invertirá en Ferrolterra más de 36 millones contra la crisis -Las carreteras pontesas recuperan la normalidad tras los problemas por hielo y nieve -As Pontes pone en marcha un curso de soldadura en el que participan desempleados de la mina de Endesa Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164) - Outubro 2008 (177) - Setembro 2008 (174) - Agosto 2008 (103) - Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||