|
Amigus
Presentación
Chat #aspontes Chat #amigus Acceso WAP Acceso RSS Merca Nas Pontes Amigus iTunes Podcast
Envía un artigo >> Foro Amigus << Software Libre
BÚsqueda
Na nosa páxina
No google
Categorías
Amigus (154)
ArTe (103) As Pontes (1484) Axenda (305) Ciencia (20) Comarca (198) Conexións (299) Cultura (162) Deportes (250) Ecoloxía (27) Educación (29) Emuladores (9) Enquisas (45) Especiais (38) EuroEume (81) Fotografía (132) Gastronomía (14) Hardware (540) Historia das Pontes (102) Humor (22) Linux/GNU (838) Log #irc (11) Mundo (259) Mundo Apple (588) Música (506) Na Web (1015) Natureza (92) Novas (13) Opinión (25) Outros Mundos (40) PDA´s (103) Piratería? (143) Ponteses (47) Recursos (4) Sanidade (13) Saúde Natural (43) Seguridade (285) SenFios (206) Software (473) SOS Mourela (193) Tecnoloxía (506) Tutoriais (7) Video Dixital (323) Videoteca (23) Windows (267) Zona Gamers (387) |
Setembro 6, 2003Historia III - Historia apócrifa.Levo moito tempo recollendo datos sobre dos Celtas coa intención de facer unha páxina entretida, doada de ler, pero sen caer no "chabacanismo" e respetando ós técnicos da paleontoloxía, que para eso saben do conto moito mais ca min, e despois de ler uns cantos livros e visitar moitísimas paxinas ueb, vexo moita xente que ten feito uns traballos fermosísimos, ás veces, outras nin tan siquer merecen ser mentadas, que me convencen para que eu non meta a pata ata as cóxegas. Como de todo ten que haber neste mundo, hai quen di que a parte mais comprometida da historia é a de falar dos Celtas. Se queredes afondar un pouquiño e queredes achegarvos a recoller información, de seguro que ides atopar unhas cantas teorías, moi afastadas unhas das outras -tanto no concepto, como dicía Manquiña- coma no tempo; pero no que sí cadran a maioría deles é en dicir que cando chegaron a península ibérica atopárona habitada por un pobo ó que chamaron Oestrimnios, segundo recollo do dito polo arqueólogo e historiador D. Florentino Cuevillas. Os Oestrimnios foron (aquí haberá que ter coidado de como se lle chame ó feito ocorrido: non sei se teño que dicir conquista, porque parece ser que os Celtas Sefes -que foron os que ocuparon Galicia e Portugal, non chegaron invadindo no concepto que ten en sí esta verba, senón que chegaban, integraban, asimilaban, sumaban... a súa cultura coa dos pobos que atopaban no camiño que percorrían. Débese ter en conta tamén o feito de que os Celtas non escrebian a súa historia senón que contábana de xeración a xeración, porque os druídas tíñano prohibido -fixádevos como xa había pillastres que sabían moi ben que se a cultura chegaba ó pobo pouco lles duraría o choio, e como daquela non tiñan fúbol "educaban" á xente co medo da superstición e da maxia, cousa moi metida no corpo aínda hoxe en día-, pois ben, como os Celtas non deixaron escrito nada deles, pérdese o seu recordo a prol do pobo que chegou detrás deles e que estes si xa tiñan a vantaxe de deixala gravada (e gravaron a súa e a de aqueles que lles conviña) como foi a dos Celtas e anteriores. Pero, deixádeme voltar enriba, denantes de seguir coa historia gustaríame puntualizar un pouquiño mais -por aquilo de non deixar moitas regañas aos espíritos inquedos da pelexa verborrea, que de seguro vai haber cantidade e calidade. Atopei estudiosos do tema que din sobre dos Celtas que o atranco mais forte para saber cando e de onde xurdiron como tais, qué se pode entender como cultura ou raza (sendo este o termo de mais discusión), ou ben unha "derivación" ou "evolución" doutro/a pobo/cultura mais antigo/a. Coincido que non se debe falar dunha raza celta, senón dun numero de pobos diversos, de diferentes orixes que comparten certas características comúns nunha forma de vida que é o que permite considerar ó pobo celta, que non fan unha tribo única, senón un pobo feito de grupos ben diferenciados. Como xa dixen antes, a cancela está no feito de que teremos que deducilo dos romanos e dos gregos, que foron quen deixaron algo por escrito. Algún licenciado tamén di que se debe rexeitar (ou polo menos puntualizar), o xeito de ver ós celtas como a un pobo -outros dirían nación- como a un conxunto pechado, cunha lingüística propia e doadamente boa de diferenciar entre os seus veciños, polo conxunto de costumes ou crenzas. "As discusións sobre dos Celtas foi desenterrada polos humanistas do renacemento na súa recuperación do mundo grecolatino, nun momento no que se comezaba o proceso formador dos estados nacionais. Trala crise destes estados, na primeira metade do século XX, cóllese conciencia dos desastres a que os levou o racismo cultural levado á política, polo que as pescudas sobre os indoeuropeos caen de súpeto ata ben entrados os anos 60, nos que o empirismo e a metodoloxía propicia que se multipliquen as cavacións arqueolóxicas...", esta é a visión de L. Felipe Gragera, licenciado en historia pola universidade de Estremadura, que dende logo fai unha introducción moito mais longa, que non procede reflectir por enteiro. Particularmente coincido na teoría de que a chegada dos indoeuropeos veu amodiño pero sen deterse, asentando primeiro na vertente sur dos perineos ¿quizais parte das Vascongadas e Navarra?, de onde comezarían a espallarse, mesturándose cos indíxenas que ian atopando camiño do cantábrico adiante. Como consecuencia desas fusións chegouse ó que foi cumio da cultura celta, dito dun xeito menos ortodoxo: o movemento desas xentes foi algo así coma o efecto das fichas do dominó, uns empurrando ós outros ao mesmo tempo que fundíanse con eles nacendo así novos grupos con anovadas características, pero quedando fortes raizames da súa orixe. O feito de que nalgunhas franxas do seu percorrido se poda atopar unha raizame mas forte ca noutras debese a que precisamente nesas terras eran mais escasos os asentamentos orixinais e a que a súa evolución estaba por debaixo dos que chegaban. Agora debo voltar ós romanos, xa que a eles téñome que referir porque é onde mais fontes imos atopar para descubrir cousas dos Celtas. Todo aquel que queira saber cousas desta historia non lle vai quedar mais remedio que ler a Estrabon, a Floro, a Orosio por boca do livro 35 das décadas de Tito Livio, a Dión Casio, etc, etc, etc. Pero tendo moi en conta que moito do escrito fíxose en Roma, non "In situ", polo que algunhas veces atoparanse dúbidas ao situar a mesma cousa en diferentes sitios, dependendo de quen a escrebese. Tamén se terá en conta que ás veces un mesmo lugar, feito ou situación chámaselle de diferente maneira ¿erro nas transcricións dos escritos? Ou descoñecemento dos lugares dos que se está a contar! Se antes os Oestrimnios foron desaparecidos polos celtas Sefes (pobo que posuía como tótem unha serpe), e con eles chega a cultura das furnas de Vienden-Bennghardt (unha póla das urnenfelder), mais adiante, coa tribo dos Paledons, chegaría a dos Castros. Pero... aí tiveron que parar. Cando mais entretidos estaban erguendo antas e castros un bruído paseniño no comezo, pero que vai soando mais e mais forte cada vez, fai que os castrexos levanten o espiñazo para ollar como unha nova ¿civilización? Chega pola súa dereita, e non veñen para integrarse, veñen asoballando. Son as caligas romanas que protexidas por unhas fortes máquinas de guerra chegan sometendo homes, aldeas, terras... As lexións de Roma entran no noroeste o ano 137 a. C. encabezadas por Décimo Xuño Bruto, procónsul da españa ulterior. Pero non todo foi doado, nesta nova terra atópanse cunha xente que ten un xeito de pelexar diferente, semellante ó que antes atoparan na Galia e no norte de Italia. Atoparon un xenreiro pelexar que non tiña diferencia entre homes e mulleres, con espadas e aturuxos tal que recen chegados de Hallstat, guerreiros nus, cubertos tan só por un cinto e un torques, protexéndose cun escudo de madeira, algúns levan ademais da caetra o particular casco La Tène. Tropezan tamén co mesmo símbolo de sempre: o trisquel e a esvástica, que non son mais que a representación do culto ao sol: símbolo común a todolos pobos céltigos. Para o procónsul Bruto foron "gens bellicosissima". ¿Home, que ademais de ter que darlles as castañas, aviamos de dárlle-las cocidas tamén, ou? Augusto consegue domear Gallaecia en dúas etapas e despois de cen anos de loitas feroces no ano 25 a. C. Despois desta invasión o territorio partiuse en dous, un deles sería chamado: Gallaecia Bracarense. A segunda conquista fora dirixida por Xullo César no ano 61 a.C., nomeado pretor e que andaba a percura de novas acampadas que ergueran a súa sona militar, para iso recorre ás deportacións e asasinatos inxentes (ou sexa, o que hoxe chamamos xenocidio). Despois disto e por se aínda non tiveran abondo, viñeron outros pobos a configurar o pobo galego: Suevos, Visigodos, Árabes, Normandos, Sarracenos... e xa un pouquiño mais para adiante, ou sexa: mais preto de nos, os reinos leonés e castelán. ¿Botádesvos a adiviñar quen van ser os últimos? Vendo todo o que aconteceu, de seguro que aínda han de vir mais! Os Celtas tiñan unha economía pechada, pastoril e gandeira; coñecían o ouro que usaban para alfaias, botóns e fibillas que levaban facendo equipamento persoal xunto co casco e mailo torques que era o que diferenciaba ó guerreiro. No mundo celta a maxia tiña fonda raizame e atopábase na vida cotiá, así como a propia natureza, especialmente as arbores que eran para eles espíritos especiais aos que levar ofrendas para face-la consulta do día. Non se construían edificacións para o culto xa que o templo mesmo eran as fragas e carballeiras. Os seus rituais baseábanse na sucesión dos ritmos naturais que se marcaban polas sementeiras e colleitas, que a súa vez se rexían polos equinoccios e solsticios. Os días contaban a partires da noite e o ano repartíase en trece lúas, cada unha desas trece divisións repartíanse en dous tempos que marcaban o crecemento e maila minguante. Pola súa estructura social, baseada nos Clans e que non tiñan concepto do que significaba unha nación, foi polo que os romanos e xermanos puideron reducilos doadamente. Cousa que ben os puido haber levado á súa desaparición. Pero foi iso precisamente, o manterse mais aló da dominación tribal có que conseguen manter a súa cultura de xeito illado pero sen perder a súa identidade, quedando súas costumes protexidas das influencias alleas por mor dos fortes vencellos, onde o Clan estaba por riba de toda organización estatal. Por esa mesma razón é pola que o mundo celta fai parte de distintos estados e non dun só, e ata falen distintas linguas, pero teñen unha raizame común, tan forte que ningunha ideoloxía puido cambiar a súa filosofía. Claro que os tempos de hoxe en día corren moito mais de presa ca en ningunha época anterior, a globalización capitalista non ten barreiras e agora mesmo o tempo vai a prol dela, poderá? ¡Xa me gustaría a min poder velo! Do legado que nos deixaron as xentes de aqueles tempos podemos disfrutar cos bos exemplos do megalitismo, para ir coñecendo un poco mais a nosa historia, aqui atoparedes os camiños que vos levarán ó mundo das antas. Cercos Líticos ou Crómlechs, Dolmens e Menhires. Cercos líticos: Cerco Lítico da Mourela: (As Pontes, A Coruña), (Desaparecido).
![]() Prao das Chantas: O Valadouro (Lugo). Cerco lítico localizado nos montes de Penido, formado por un aliñamento dunhas 250 pedras fincadas, que mide no seu eixo Norte-Sur 79 m de diámetro e 101 de Oeste a Este. Foi descuberto no l994. Nas súas inmediacións atópase o dolmen de Santo Tomé. Pódese afirmar que non pertence cronoloxicamente á época na que se desenrola en Galicia o fenómeno megalítico, pero como na nosa Comunidade case que non hai deste tipo de monumentos faise axeitado reflectilo. Menhires: Dolmens: Son os mais abondosos e importantes e teñen un carácter funerario, pois son lugares de enterramento colectivo, aínda que o acido do chan galego non deixara que chegaran ata nos restos de osos. Compren ademais doutras funcións non menos importantes, como marcadores dun certo territorio que da singularidade á comunidade ou a colectividade que os levantou, polo que moitas ocasións sitúanse en lugares altos ou achegados as correntes de auga. Cabe suliñar que nas construccións existentes na Galiza, non se atoparon galerías cubertas, tan abondosas en Cataluña ou dalgúns lugares de Andalucía, onde non se ve unha clara diferenciación entre a cámara e o corredor. Na nosa terra, ao igual que noutras partes da costa atlántica europea téñense descrito dolmens de madeira, e ó parecer ata fai pouco conservavanse restos dun deles na localidade de As Pontes aínda que non no seu emprazamento orixinal. Se alguén tivese algunha documentación ó respecto, agradeceríamos moito se puxeran en contacto connosco; dos demais o único que coñecemos é a pegada arqueolóxica que aparecen nas cavacións. Os dolmens galegos presentan diferencias entre eles: Dolmens Simples: Dolmens de corredor: Cistas Megalíticas: ![]() Para todos aqueles namorados do megalitismo que queiran botar unha ollada a páxinas sobre este tema, aí vos van unha cantas que a min me pareceron de interese por unha cousa ou por outra, merecen unha visita de verdade, sobre todo se queredes ver boas fotos de pedras. Relación de algúns camiños do reino español: >www.pangalaica.com/megalitismo/index.htm >www.aviladigital.com >www.menorcadigital.com/monumentos_megaliticos.htm >http://servicios.diariovasco.com/pg030603/prensa/noticias/altodeba(Información recente do acontecido nas pescudas megalíticas vascas). >www.arrakis.es/~morenobl/burgos.htm >www.mayrena.com/Historia/Gandul.htm >http://vacarizu.com/Cuadernos/Cuaderno_27 >www.arrakis.es/~rinord/sp-dolmen.htm >www.pangalaica.com/megalitismo/enlaces.htm >www.ddgi.es/plaestany
>www.megalith.ru/indexrus.shtml >www.amherst.edu/~ermace/sthhtml >www.serve.com/archaeology/ring/code.html >http://easyweb.easynet.co.uk/~aburnham/ring >http://users.bart.nl/~jbmeijer/frntpage.htm >www.culture.gouv.fr/culture/arcnat/megalithes >www.lessing4.de/megaliths/start.htm >http://members.tripod.com/menhirs/welcome.html >www.geocities.com/athens/aegean/4524/area.html >www.ot-trinite-sur-mer.fr/trinit/doc/megalith/doc/megalit.htm >http://myhome.shinbiro.com/~kbyon/dolmen >http://members.tripod.com/~estigia/reloj.html >www.irishphotos.com/links.html
Comentarios
si fueran tan amables de ponerlo en español, seria fantastico, me encanta la historia, por eso busque la historia de los celtas.muchisimas gracias. gladys. Publicado por : gladys -- Novembro 18, 2006 6:23 AMDas mellores paxinas sobor dos celtas que leín. Felicidades. Publicado por : Kado -- Novembro 29, 2006 9:42 PMEngade un comentario
|
Novas Recentes
-El Ayuntamiento creará una comisión multidisciplinar para diseñar los usos del futuro lago
-Batido de calcio para combatir la enfermedad del Eume -La Xunta estudia sanciones si se confirma que la muerte de peces en el río Eume se debe a un vertido de obras -La Xunta aprueba una inversión de 5,6 millones de euros para la depuradora de As Pontes -Steinberg anuncia Cubase 4.5 y Cubase Studio 4.5 -Creative presenta los nuevos altavoces Gigaworks T40 y T20 Series II -El Concello de As Pontes planea ampliar la oferta de ocio más allá de la romería de A Fraga -El PPdeG acusa a Medio Ambiente de retrasar la ejecución de depuradoras -Sony lanzará en noviembre la televisión de LCD más delgada y ligera del mundo -Lanzada una segunda beta de Explorer 8 para un público más amplio Arquivos
- Agosto 2008 (95)
- Xullo 2008 (166) - Xuño 2008 (140) - Maio 2008 (121) - Abril 2008 (149) - Marzo 2008 (137) - Febreiro 2008 (153) - Xaneiro 2008 (164) - Decembro 2007 (158) - Novembro 2007 (196) - Outubro 2007 (216) - Setembro 2007 (133) - Agosto 2007 (133) - Xullo 2007 (131) - Xuño 2007 (167) - Maio 2007 (178) - Abril 2007 (142) - Marzo 2007 (169) - Febreiro 2007 (139) - Xaneiro 2007 (132) - Decembro 2006 (114) - Novembro 2006 (123) - Outubro 2006 (138) - Setembro 2006 (140) - Agosto 2006 (126) - Xullo 2006 (144) - Xuño 2006 (131) - Maio 2006 (140) - Abril 2006 (123) - Marzo 2006 (168) - Febreiro 2006 (149) - Xaneiro 2006 (165) - Decembro 2005 (124) - Novembro 2005 (149) - Outubro 2005 (200) - Setembro 2005 (161) - Agosto 2005 (150) - Xullo 2005 (161) - Xuño 2005 (154) - Maio 2005 (158) - Abril 2005 (169) - Marzo 2005 (162) - Febreiro 2005 (184) - Xaneiro 2005 (181) - Decembro 2004 (137) - Novembro 2004 (134) - Outubro 2004 (186) - Setembro 2004 (217) - Agosto 2004 (191) - Xullo 2004 (236) - Xuño 2004 (205) - Maio 2004 (160) - Abril 2004 (128) - Marzo 2004 (107) - Febreiro 2004 (100) - Xaneiro 2004 (111) - Decembro 2003 (128) - Novembro 2003 (164) - Outubro 2003 (193) - Setembro 2003 (207) - Agosto 2003 (171) - Xullo 2003 (53)
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||