XFCE 4.0 xa está listo para instalar
XFce4 é un entorno de escritorio para Linux, *BSD, e outras plataformas Unix. É lixeiro, estable, modular, visualmente atractivo e fácil de configurar. Ofrece un panel con menús desconectables e moitos plugins útiles, un completo xestor de fiestras, un xestor de fondo de escritorio...
...unha barra de ferramentas, un xestor centralizado de configuración, un frontend para a impresión, un motor de temas para Gtk2, un xestor de arquivos con navegación de Samba e capacidade para montar e desmontar, arrastrar e soltar, e soporte para fontes anti-alias, e interoperabilidade nativa con KDE3/Gnome2... É máis, XFce foi traducido a moitos idiomas.
Podedes baixalo dende xfce.org/es/download_es.html
Máis información en xfce.org
Publicado por jmpello -- Setembro 27, 2003 8:27 AM