Outubro 29, 2003

ANTES DE POÑERSE A COCIÑA-LAS SETAS:

Cando non se diga qué cogomelo é co que imos traballar deberá entenderse, xeralmente, que o compoñente básico é o revellón ou níscalo.

É moi importante o xeito de limpa-las setas antes de preparalas, e tense que facer deste xeito: cortámoslle o tronco pola súa base, xusto enrasado coa cara inferior da seta. No caso de que se vexan vermes, hai que ir cortando e limpando por onde estean comidas. Quitar os restos de terra cun trapo húmido.

Cóllese pola cara de baixo e na palma da man dáselle uns golpiños coa parte plana da folla do coitelo.

Non enxugar o mergullar NUNCA en auga, xe que isto fará que perda o seu delicioso sabor.


CHAMPIÑÓNS RECHEOS:
12 champiñons
125 grs. de figadiños de polo picados
2 culleradiñas de aceite
1 cebola pequena
1 ovo
1 cullerada de pemento roxo
1 cullerada de perexil
60 grs. de xamón
1 cullerada de viño branco
sal e pementa negra.

Preparación:
Limpar os sombreiros dos champiñóns.
Colocalos cara arriba nunha fonte refractaria.
Prepara-lo recheo refogando nunha sartén os figadiños do polo, a cebola, o pemento roxo,
o perexil e o xamón, todo moi picadiño.
Engadir o viño branco.
Salpementar.
Reencher os champiñóns con esta mestura.
Poñe-la fonte no forno a temperatura media.
Cociñalos de 20 a 30 minutos.
Servir.
Preparación: 10 minutos. Fogo: Medio. Cocedura: 20-30 minutos


CHIPIRÓNS RECHEOS DE SETAS:
24 chipiróns
1/2 Kg. de setas
2 dentes de allo
50 grs. de xamón
1 ovo
1 boliña de molo de pan
1 cebola
1 pemento verde
1 vaso de caldo de pescado
1 vaso de viño branco
2 culleradas de salsa de tomate

Preparación:
Limpar os chipiróns, quitando patas e alas e reserva-las bolsas de tinta.
Limpar, lavar e picar as setas.
Nunha sartén con 3 culleradas de aceite e un dente de allo picado, saltea-las setas con sal e
pementa.
Engadir o xamón picadiño, o molo de pan remollado en leite e o ovo batido.
Reencher con esta mestura os chipirons e cerrar cun palillo.
Nunha cazola poñer aceite e doura-los chipiróns. Sacar e apartar.
No resto do aceite, sofritir a cebola e allo moi picado.
Engadir o tomate, espolvorear con fariña, incorporando o viño e a tinta rebaixada no caldo de
pescado. Deixar reduci-la salsa e pasala polo chino.
Poñer na cazola a salsa cos chipirons e cocer ata que estean tenros.
Retirar los palillos antes de servir.
Preparación: 20 minutos. Fogo: Lento. Cocedura: 40 minutos.


COLMEÍÑAS RECHEAS:
350 grs. de colmeíñas
50 grs. de xamón
2 culleradiñas de aceite
2 allos
perexil
2 culleradas de viño branco
1 ovo
1 cullerada de fariña
1/4 l. de caldo
1 cullerada de concentrado de carne

Preparación:
Limpar ben as colmeíñas.
Facerlles un corte ó longo.
Mesturar ben o xamón, os allos e o perexil, todo moi picado.
Engadirlle o viño branco e mailo ovo batido.
Reencher as colmeíñas.
Fritilas co aceite nunha sartén coidando de que non se lle saia o recheo.
Poñelas nunha cazoliña.
En 3 culleradas do aceite sobrante bota-la fariña, o caldo e o concentrado de carne.
Cubrir con isto as colmeíñas e cocer 10 minutos.
Preparación: 10 minutos. Fogo: Medio. Cocedura: 10 minutos.

Publicado por Ferloxe -- Outubro 29, 2003 8:33 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Agosto 2008 (25)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Agosto 2008
D L M M X VS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31