Cantharellus en mantequilla e cava
Límpanse os cantharellus e póñense nunha tixola coa mantequilla e o aceite. Déixanse deshidratar. Cando xa non queda casi auga, vótaselle-lo sal e o cava. Déixanse cocer durante outros 10 minutos aproximadamente. Sírvense quentes.
Ingredentes para dúas persoas:
- 400 gr. de cantharellus cibarius
- 25 gr. de mantequilla
- 1 cullarada sopeira de aceite de oliva virxe
- Medio vaso de cava
- Sal
Publicado por jmpello -- Outubro 30, 2003 8:25 AM