Lactarius deliciosus ó forno
Eliximos uns bos sombreiros de lactarius e ímolos dispoñendo nunha fonte de forno, xa perfectamente limpos. Colocamos sobre eles allo moi picadiño e abundante perixel picado e sal ó gusto. Cubrimos lixeiramente cun bon aceite de oliva e gratinamos ata que estean feitos. Deste mismo modo tamén podemos facer outras setas ó forno, pero debemos de ter en conta a súa consistencia ou grosor, debéndoas humedecer previamente, e varias veces con auga ou zume de limón, xa que se non quedaríannos cruas por dentro.
Publicado por jmpello -- 31 de Outubro 2003 as 08:00 AM
0 comentarios