Outubro 31, 2003

Apóstolo ó natural

Lendo elcorreogallego.es:
"A figura dó Apóstolo Santiago que preside o altar maior da Catedral compostelá recuperou onte, por uns meses, o esplendor da imaxinería que, durante anos, o converteu nunha das figuras máis fermosas da tradición xacobea. O motivo deste tránsito glorioso, executado polo ourive Fernando Mayer e os seus axudantes, non é outro que lle retirar a esclavina de prata que a imaxe loce desde hai case tres séculos. "...


..."A peza, tan desgastada polas apertas de millóns de fieis que ata ten buracos, será restaurada polo artesán e conservarase no museo da Catedral compostelá.
Tras se concluír a delicada operación, que se prolongou durante varios minutos, o Apóstolo recuperou en parte a aparencia que lucía no século XII, cando a imaxe de pedra foi instalada no altar maior. A zona da escultura que cubría a esclavina conserva a policromía orixinal, o resto da peza está recuberta cunha pasta dourada que se engadiu no século XVIII, cando o arcebispo Monroy vestiu coa roupaxe de prata e pedras preciosas ó Apóstolo.
Os visitantes poderán admirar durante seis meses o santo na súa dimensión histórica, coincidindo precisamente co Ano Santo e coa oportunidade de poder ver a figura auténtica como atractivo engadido.
Seis meses é o prazo que necesitarán os ourives da casa Mayer para crear unha nova esclavina que será unha réplica exacta da anterior. A peza, iso si, estará especialmente reforzada. "A chapa base da peza será tres veces máis grosa e os ornamentos serán réplicas exactas das orixinais pero en prata maciza para que sexa máis difícil que se desgaste'', sinalou onte Mayer, que calculou que as novas roupaxes do Apóstolo pesarán arredor de corenta quilos fronte ós algo máis de dez da orixinal.
As pedras que ornamentarán a capa serán similares ás orixinais en canto a cores e formas pero a súa orixe serán sintética aínda que tamén haberá algunha semipreciosa como lapislázulis ou amatistas.
Durante a creación da réplica ningunha peza provisional cubrirá os ombros do Apóstolo, segundo explicou onte o cóengo Alejandro Barral, presidente da comisión de Cultura do Cabido. "Non nos pareceu adecuado porque coas apertas a roupaxe ía estar sempre enrugada e non daría unha imaxe moi digna'', sinalou Barral, que destaca que o camarín do Apóstolo non se pechará.
O investimento na restauración e na nova peza rolda os 48.000 euros e financiarase coas esmolas deixadas polos fieis. Os traballos incluirán unha intervención na zona do baldaquín tralo Apóstolo onde se axeonllan os fieis para poñer unha prancha de cristal e evitar o desgaste do chanzo, tamén de prata labrada."

Fonte: elcorreogallego.es

Publicado por jmpello -- Outubro 31, 2003 8:17 AM


Comentarios
Engade un comentario






Lembrar información?





* Tarda un pedaciño en publicar, así que tómao con calma ;-)

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina, vostede está aceptando que os seus datos queden rexistrados nunha base de datos da Asociación Informática Amigus, sen outra finalidade que o seu almacenamento, e asume a súa responsabilidade polo que diga no mesmo.



Axenda Cultural Outono 08 - As Pontes

Agroalimentaria do Eume

SOS Círculo Lítico da Mourela

Rueiro As Pontes

Fotos das Pontes

Os Sons da Vila - As Pontes

Deporte - As Pontes
Novas Recentes
Arquivos
- Decembro 2008 (21)
- Novembro 2008 (164)
- Outubro 2008 (177)
- Setembro 2008 (174)
- Agosto 2008 (103)
- Xullo 2008 (166)
- Xuño 2008 (140)
- Maio 2008 (121)
- Abril 2008 (149)
- Marzo 2008 (137)
- Febreiro 2008 (153)
- Xaneiro 2008 (164)
- Decembro 2007 (158)
- Novembro 2007 (196)
- Outubro 2007 (216)
- Setembro 2007 (133)
- Agosto 2007 (133)
- Xullo 2007 (131)
- Xuño 2007 (167)
- Maio 2007 (178)
- Abril 2007 (142)
- Marzo 2007 (169)
- Febreiro 2007 (139)
- Xaneiro 2007 (132)
- Decembro 2006 (114)
- Novembro 2006 (123)
- Outubro 2006 (138)
- Setembro 2006 (140)
- Agosto 2006 (126)
- Xullo 2006 (144)
- Xuño 2006 (131)
- Maio 2006 (140)
- Abril 2006 (123)
- Marzo 2006 (168)
- Febreiro 2006 (149)
- Xaneiro 2006 (165)
- Decembro 2005 (124)
- Novembro 2005 (149)
- Outubro 2005 (200)
- Setembro 2005 (161)
- Agosto 2005 (150)
- Xullo 2005 (161)
- Xuño 2005 (154)
- Maio 2005 (158)
- Abril 2005 (169)
- Marzo 2005 (162)
- Febreiro 2005 (184)
- Xaneiro 2005 (181)
- Decembro 2004 (137)
- Novembro 2004 (134)
- Outubro 2004 (186)
- Setembro 2004 (217)
- Agosto 2004 (191)
- Xullo 2004 (236)
- Xuño 2004 (205)
- Maio 2004 (160)
- Abril 2004 (128)
- Marzo 2004 (107)
- Febreiro 2004 (100)
- Xaneiro 2004 (111)
- Decembro 2003 (128)
- Novembro 2003 (164)
- Outubro 2003 (193)
- Setembro 2003 (207)
- Agosto 2003 (171)
- Xullo 2003 (53)
Decembro 2008
D L M M X VS
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31